“Madera de Zapatero. Memoria de un presidente”, Suso de Toro

abril 22, 2008 at 12:27 pm

Pódese dicir que nesta obra, Zapatero fala pola boca de Suso de Toro. O escritor galego, a xeito de documental, narra a traxectoria do actual presidente do Goberno. Para iso conta coa axuda de persoas que o coñecen ben. Entre elas, destacan familiares coma o seu irmán e compañeiros como De la Vega, Maragall, Touriño ou Xosé Blanco.

 

Di Suso que Zapatero está feito de madeira de buxo, que é a máis dura. Dedícalle calificativos tales coma humano, fiable, sincero. Como presidente, afirma que é frío, calculador e non se deixa condicionar por ninguén. Pon como exemplo a retirada das tropas de Irak. Ademáis, valora a súa valentía á hora de rectificar. Sen dúbida, máis luces que sombras. Non escatima en eloxios. “Traballa para cambiar as cousas porque é un rexeneracionista de España, un militar civil cun profundo sentimento do deber”

 

A única crítica que recibe o xefe do goberno é de Maragall, do que di sentirse decepcionado pola súa actitude.

 

Do futuro non adianta nada, aínda que semella coñecer bastantes datos. Só ten claro que unha vez que Zapatero abandoe a Moncloa, voltará á súa terra, León.

 

A modo de consello, Suso recomenda o libro aos votantes do PP, pois segundo él é unha obra de boa fe, elaborada para rematar con tantas mentiras que  se dixeron do presidente.

 

Afirma a crítica que a diferenza daquela persoaxe de García Márquez, Zapatero sí ten quen lle escriba.

 

 

Rocío Álvarez García

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

¡Noticia Bomba! De Evelyn Waugh RESISTENCIA de Rosa Aneiros


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: