Julio Camba, humorista de profesión

abril 20, 2008 at 5:10 pm

Disque é difícil separar literatura de xornalismo, pois máis difícil é aínda, se a esta operación lle sumamos a ironía e a retranca. Hai quen vincula estas dúas armas da retórica coma unha soa, pero no fondo, son bastante diferentes. Camba xa era consciente disto no seu tempo, e como experto na técnica humorística foi quen de adornar un pouco máis os seus escritos xornalísticos con estas perlas de enxeño.

En Esto, lo otro y lo de más allá, podemos atopar unha ampla escolma dos seus artigos de opinión, todos eles clasificados segundo a súa temática (cine, barbas, médicos, almas do outro mundo, fume, bailes, etc).

Nunha primeira ollada, os seus traballos, non semellan realmente o que son. Máis que artigos, parecen relatos curtos. Camba non só facía uso das técnicas humorísticas para retratar situacións, personaxes e temas concretos senón que, a maiores, engadía un elemento máis que facía os seus textos completamente diferentes e persoais. Recreaba, literalmente, as situacións. Partindo de feitos reais elaboraba diálogos e conversas que, lonxe de ser imaxinarias, recollían de xeito verídico cada ápice do acontecemento.

Literatura e xornalismo, ironía e retranca, todos eles converxen e diverxen ao longo destas pezas xornalísticas, tecendo artigos que no só recollen a máis enxeñosa crítica do autor, tamén presentan dunha forma amena e sinxela pasaxes da súa vida e experiencias que extrapola aos media; dende a súa debilidade polo tabaco, a súa vellez e os seus problemas co insomnio até o acontecido aos amigos e veciños do lugar e no resto do mundo.

Aquí tendes “Caras a la medida”, un dos artigos de Julio Camba.

Ildara Enríquez García, Grupo A

Anuncios

Entry filed under: Opinión.

35 DÍAS EN CHINA. El despertar del Dragón. Eugenio Madueño e Bru Rovira La guerra, los toros, Cuba, África y mi mujer. Ernest Hemingway


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: