35 DÍAS EN CHINA. El despertar del Dragón. Eugenio Madueño e Bru Rovira

abril 20, 2008 at 3:15 pm Deja un comentario

35 días en China é o periplo de dous xornalistas polo descoñecido xigante asiático. Guiados por unha profesora de cultura hispana en Pekín, percorren numerosas cidades chinesas fuxindo do ideal turístico. A súa pretensión é contemplar a China virxe, aquela que conserva a raigame sen corromper, completamente intacta. Pero o país asiático é tan sumamente diverso, e está tan afastado de clichés dualistas que toda pretensión é inútil. Para observar tal realidade non se poden ter as meniñas ateigadas de cultura occidental. É preciso dar un chimpo no tempo e ver cos ollos dun neno. Así, Bru Rovira e Eugenio Madueño transfórmanse en cativos durante 35 días. Coa libreta en branco e a curiosidade da man, emprenden unha viaxe na que a ambición non ten asento.

Xa cos pés en solo asiático, preséntannos unha pequena parte de cidades como Wuhan, Xian, Wanxian, Turfan…nas que a cotío tropezan con persoaxes que condimentan coas súas vivencias, a mistura entre o relato e as pequenas doses de historia. Son, sen dúbida estas pinceladas de vida as que permiten ó lector entrar en contacto coa complexa sociedade chinesa. Ademais, ó inicio de cada capítulo móstrasenos unha foto. A miúdo aparecen persoas nelas. Simples descoñecidos ós nosos ollos. Ao remate, e despois de establecer empatía cos seus persoaxes, volvemos atrás para reler o pé de foto. É fascinante como o completo descoñecido se torna daquela amigo noso.

Unha choiva torrencial de preguntas azouta as páxinas deste libro. Por suposto, os autores foron abondo nenos para querer saber, e o suficientemente adultos para resignarse a non entender (en tan só 35 días)

 

Karina Rivero Conde

 

Anuncios

Entry filed under: Opinión, Reseña.

Música de cañerías. Charles Bukowski. Julio Camba, humorista de profesión

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: