Españois todos

abril 14, 2008 at 8:45 pm

Españois todos, sen dúbida gran escolla de título para este libro no que Suso de Toro parte da concepción de que todos somos españois. El mesmo definise como “europeo, tamén galego e español”. Tanto se isto supón un orgullo, como unha desgracia ou algo do que sentirse avergoñado, todos pertencemos a este marco estatal.
E partindo desta premisa, como se dun xogo de cartas se tratase, o autor comeza a falar das trampas, dos naipes marcados e dos ases baixo a manga que seguen a imperar na política española, que , dende a súa perspectiva, non dista moito da de aquel réxime que durou corenta anos. Cando procede a por as “cartas sobre a mesa” disponse a destapar e criticar os actos do goberno Aznar, principalmente.
 Deste mesmo xeito insiste na necesidade de abandonar esa persistente idea de latente guerra civil entre algunhas comunidades e España, unha España que considera inexistente, se ben o que existen son os españois.
 Os conceptos de patria e nación son tamén puntos de interese que Suso de Toro analiza a través deste texto, entendendo como patria ó individuo e como nación o marco onde conviven. Mais en ningún dos dous termos se atopa España, por mor, segundo o escritor, de ter deixado esa idea ós españolistas que conseguiron así que siga a conservar o mesmo sentido que na época franquista.
 Españois todos fai un retrato da sociedade que, considera, non mudou moito dende os tempos do Caudillo e que depende de tódolos españois para evolucionar nunha dirección ou en outra, tanto de aqueles que queiran fuxir desta identidade, como dos que, dende unha posición máis ou menos crítica, entenden que son españois.

Alba Chao Vázquez

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

“José Saramago: El amor posible”, Juan Arias Juego de Niños, Carmen Posadas


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: