Entrevistas, Rosa Montero

abril 9, 2008 at 6:02 pm Deja un comentario

Isaiah Berlin dicía que os escritores pódense dividir entre os ourizos, que son aqueles que se enroscan sobre sí mesmos e sempre escriben a mesma obra, e os  raposos, que son os que van en perpetuo camiño cara non se sabe ben onde; e ela  considérase unha raposa compreta, dende o rabo ao fociño”.

Mostrar o teu verdadeiro rostro nunha sociedade coma a actual é ben complicado. Estílase máis o de “tirar a pedra e esconder a man”. Non obstante, Rosa desfaise de todos as roupaxes e di o que pensa cando quere e como quere.

 Directa. Como o cazador tira á presa. As súas balas non se desvían. Pregunta aquilo que moitos non se atreverían. E sobre todo, o seu manexo psicolóxico, provoca que a vítima acabe contando o que non desexaría revelar nin en soños.

Din que no eido do xornalismo, ser entrevistador é complicado. Non obstante, máis complicado debe ser sentarse fronte a fronte con Rosa Montero.

 

Todo isto, apréciase na recopilación de entrevistas de El País. Nas mans desta preguntadora, caeron persoaxes variopintas. Sen dúbida, aquelas que lle deron a gloria como profesional foron Fraga, Monserrat Caballé, Arafat ou mesmo Almodóvar.

A obxectividade non vai con Montero. Deste xeito, describe aos seus entrevistados tal e como ela deduce que son tralo trato duns intres. A valoración, como en calquera ámbito, pode ser positiva ou negativa.

Dixo de Manuel Fraga que non era máis que un susto encarnado en ex ministro. Pero tamén opinou que Claudia Shiffer era unha profesional firme, que sabía o que quería e polo tanto era poderosa.

Falando en prata, podemos dicir que Rosa é capaz de darlle o ceo ou pola contra, o inferno a calquera.

“Unha persoa sabia é aquela que viviu, viu, escoitou, reflexionou e aprendeu” Así pensa Rosa Montero, así sente.

Rocío Álvarez García

Anuncios

Entry filed under: General.

Lo dudo mucho. Andreu Buenafuente “El grano de la voz”, de Roland Barthes

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: