Internet, el mundo que llega

abril 8, 2008 at 9:17 pm Deja un comentario

Internet, el mundo que llega, é unha recompilación de artigos dun grupo expertos en tecnoloxía, en comunicación e concreto da rede de todo o mundo concerta, todos eles concertados por Ignacio Ramonet no que achegan unha análise conxunta arredor do fenómeno constituíndo un estudo necesario para a materia.

Lonxe de ser unha sucesión de textos que enxalzan un invento que, como é doado ver, está a trocar o mundo comunicativo nun amplo sector do planeta, cada unha das reflexións achegadas polos participantes neste “debate” identifican unha serie de problemas moi graves arredor do que é a nosa sociedade e do que o fenómeno da rede pode influír nela.

Arredor da Internet existe unha especie de aura de virtudes que se publicitan unha e outra vez, pero que ocultan unha serie de defectos conxénitos da sociedade, a economía e da política mundial que non pode solucionar un invento que está moi lonxe de xeralizarse. Está o ben común no berce da difusión deste invento? Realmente Internet vai terminar coas desigualdades existentes en todos os ámbitos da vida humana? A diferenza Norte/Sur non vai ser tal grazas á Internet? Conseguirán as empresas restrinxir a capacidade comunicativa que abre (a uns poucos) a Internet? A propiedade intelectual, a nova orde mundial…

Dificilmente se pode conseguir en apenas trescentas páxinas propoñer tal cantidade de cuestións que poñen en dúbida cada un dos principios que se supoñen da Internet, unha ferramenta con tantos usos que non se é capaz de saber con certeza a influenza que pode ter no eido da homoxeneización cultural, étnica e lingüística e a sociedade de mercado, temas tótem da obra de Ignacio Ramonet.

David Canto Veiga

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Los cínicos no sirven para este oficio. Ryszard Kapuściński Lo dudo mucho. Andreu Buenafuente

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: