Eidos de Xornalismo. Carlos G. Reigosa

abril 5, 2008 at 7:37 pm Deja un comentario

Eidos de  Xornalismo de Carlos G. Reigosa serve para adentrarnos no mundo da profesión xornalística dende a perspectiva dos seus protagonistas, xornalistas cos que o autor deste libro tivo algún tipo de relación.

Na primeira parte coñecemos minuciosamente a personaxes como Hemingway, Cela ou Torrente Ballester, a partir de reportaxes e ensaios realizados polo autor. Achéganos aos diferentes protagonistas dunha forma clara e ó mesmo tempo directa. Así, vemos a chegada de Hemingway a Galicia coa mostra dun emotivo texto adicado á cidade de Vigo, a frustrada entrevista con Cela ou como Reigosa recibiu unha das peores novas da súa vida, a da morte de Torrente Ballester, dende a axencia EFE da que foi director.

Quizais o mais importante sexa que consegue pasar a mera liña descriptiva para sumerxirnos no interior de cada un destes personaxes.

 Unha forma orixinal e distinta de presentarnos o panorama da comunicación acompañada de reflexións na segunda parte do libro acerca dalgúns dos problemas que emerxen no xornalismo actual. O chamado “efecto rabaño” está presente en canto que todos os xornalistas acuden ós mesmos sitios en busca das mesmas informacións. Opina tamén sobre a masiva presencia das novas tecnoloxías como Internet, medio para el “antiperiodístico ó facilitar que as fontes poidan ofrecer directamente a información ó público, prescindindo da intermedación social que lle correspondía e lle corresponde facer ó xornalista”.

¿Acabáronse os xornalistas? ¿Ocupará a tecnoloxía o seu papel? Reigosa teno claro. É consciente do panorama actual mais para el o xornalista ávido seguirá a dar moita guerra pois “non está aínda en perigo de extinción”.

 

Alba Silva Rodríguez (Marzo)

 

 

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

Ao pé do abismo, de Rosa Aneiros F.M, Suso de Toro.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: