Ao pé do abismo, de Rosa Aneiros

abril 5, 2008 at 4:11 pm Deja un comentario

Unha das voces máis novas do xornalismo de opinión na nosa lingua, Rosa Aneiros, escolma no seu libro Ao pé do abismo ducias de artigos escritos por ela para medios como a Radio Galega, a Axencia Galega de Noticias (a columna de opinión Nove Ondas) ou culturagalega.org.

Rosa Aneiros destaca pola súa énfase en misturar o xornalismo coa literatura, seguindo unha longa tradición na que tamén atopamos mestres como Carlos Casares.

Ao longo das máis de trescentas páxinas do libro toca temas como a anorexia, o conflito palestino, os ataques contra un mundo rural galego que esmorece ou a Revolución dos Caraveis do 25 de abril en Portugal en 1974.

Cabe destacar o obituario que fai a Álvaro Cunhal, secretario xeral do Partido Comunista Português ( PCP), Un cravo deitado no mar. A escritora nunca esquecerá ao vello comunista, pois o protagonista da súa novela máis lida e coñecida, Resistencia, está inspirado nel. “Ti e só ti, serás para min Resistencia, esa alma que habita o Peniche do lado esquerdo do meu corazón”. Define ao camarada Cunhal como unha persoa que cría no “valor sacro dun puño en alto e na necesidade de extender a revolución”, e destaca a súa amabilidade á hora de aconsellala sobre a súa novela. Nesta necrolóxica mestura a súa propia escrita con poemas do portugués Eugénio de Andrade.

Nos seus artigos Rosa Aneiros amosa un dominio das posibilidades expresivas da nosa lingua, conxugado cunha prosa viva e engaiolante. Tan engaiolante que para algúns trescentas páxinas chegan a pouco.

Santiago Agra Bermejo

Anuncios

Entry filed under: Opinión, Reseña.

Notas de prensa (1980-1984). Gabriel García Márquez Eidos de Xornalismo. Carlos G. Reigosa

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: