De Bar en Bar, para abrazarte escribo

abril 2, 2008 at 8:10 am Deja un comentario

Xosé Carlos Caneiro é un escritor galego nado en Verín, unha localidade de Ourense. Este licenciado en xeografía e historia comezou a publicar libros de poesía no ano 1984. Na súa traxectoria literaria conta con diferentes premios e recoñecementos como o Premio Xerais, o Torrente Ballester de narrativa 1996 e tamén figurou como finalista no premio Nacional de Narrativa 1998.

Caneiro é colaborador habitual do xornal La Voz de Galicia, e colaborou anteriormente con outras publicacións como El País, Faro de Vigo ou El Mundo. Froito desta relación coa Voz de Galicia publicou de Bar en Bar, para abrazarte escribo, onde plasma os artigos que foron publicados  no xornal entre o ano 2000  e o 2006. Configura deste xeito un conxunto de reflexións que van dende o intimista, ate abordar temas de índole políticos e críticos.

A pesar de que este escritor galego, é considerado como un dos fundamentais da nosa literatura, ó meu parecer esta recompilación de artigos, baixo o título de Bar en Bar, resulta pouco lixeira para o lector. É certo que a súa forma de escribir é próxima e de fácil comprensión; sen embargo, é moi reiterativo nas súas columnas. Evádese a un mundo subxectivo e un tanto onírico onde fai moi presente o tema do amor, a lúa , a paixón etc. Máis directo é nos artigos de tipo político onde destapa sen ser explícito a súa postura ideolóxica. Neste ámbito queda reflexado o ano do desastre do Prestige ou da guerra de Irak.

Quizais non sexa moi obxectivo realizar unha crítica sobre o xeito de escribir deste autor posto que a obra era unha selección de artigos, pode que  as súas novelas teñan une estilo distinto.

 

María Fernández

 

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Diario de un Skin de Antonio Salas El final de la guerra. Reseñas biógraficas de Bosnia. Joe Sacco

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: