Crónica de la España Negra. Los 50 crímenes más famosos

abril 1, 2008 at 8:57 am Deja un comentario

Por Ana Abad de Larriva Grupo A

Francisco Pérez Abellán, un dos reporteiros de investigación de sucesos máis importantes dentro do panorama español, fai en Crónica de la España Negra. Los cincuenta crímenes más famosos un repaso polos asasinatos que máis trascenderon á opinión pública a nivel estatal dun xeito tan novelístico que se non soubesemos que foron reais, dubidariámolo. Pérez Abellán nega que a fascinación do crime sobre a xente teña algo que ver co interese morboso. Porén, a terceira acepción da palabra “morbo” no dicionario da RAE fai referenza á atracción cara acontecementos desagradables. Consecuentemente con isto, as sociedades, sen que se necesariamente teñan que desenvolver un interese malsano polos mesmos, son morbosas por natureza. E así, hai unha serie de sucesos luctuosos ao longo da historia de calquera civilización que se fixan na memoria colectiva, gravados nun papel que esmorece pouco a pouco conforme van pasando os anos e se producen novos acontecementos. A noticia trascende do cotián, convírtese en historia, e, en moitas ocasións, en literatura. Pero a realidade superou, unha vez máis, á ficción, como o crime da rúa Fuencarral, o caso Hildegart, os asasinatos das nenas de Alcásser e Anabel Segura, o crime da “tinaja”, os asasinatos de Prim, Canalejas, etc.

Hai basicamente dous tipos de asasinos: os tolos, que non son responsables dos seus actos; e os psicópatas fríos, tal vez os máis perigosos, que son plenamente conscientes do que fan, coma o “violador da moto”, despois convertido no “asesino de ancianas”. Moitos deles desenvolven unha vida aparentemente idílica de xeito paralelo aos seus crimes e teñen cara de non ter roto un prato. É quizais isto o que máis intriga ao ser humano. Primitivos, como o “Sacamantecas”; enaxenados mentais, como o “Matamendigos”; posuidores do cromosoma da criminalidade, como o “Arropiero” ou “estrangulador do porto”, o asesino número un dos anais da criminología española; marcados por unha infancia infeliz; vítimas dun simple arrebato… Pero que pode levar a unha persoa a matar a outra? A quitarlle o único que realmente ten… A profanar o seu cadáver dun xeito diabólico?… Son preguntas que Pérez Abellán, despois de moitísimos anos en contacto directo co crime, aínda se segue a facer.

Entrevista co autor: http://es.youtube.com/watch?v=-dV4MmYG0IU

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

El club de los faltos de cariño-Manuel Leguineche “Donde no ves fusiles pero los fusiles sí te ven a ti”

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: