Opinións sen roupaxes

marzo 31, 2008 at 6:11 pm

rosamontero12.jpgRosa Montero é unha desas xornalistas que viven entre dúas augas, a literatura e o xornalismo. En La vida desnuda, mestura as dúas artes nun xogo de metáforas e afirmacións irónicas revestidas cun toque de cinismo: “ Los españoles somos seres virginales en cuanto a discriminación” (p.75). Os temas que aborda relaciónanse cos seus pensamentos, coas súas vivencias. Trata de amosar o xeral a través do concreto, o noticioso a través do anecdótico. “Simplemente” opina.

O libro recompila un centenar de artigos de opinión publicados no diario El País que amosan unha realidade vencellada ós anos 80 e 90. Algúns dos temas que se tratan vense solapados polo paso do tempo, onde a falta de actualidade ralentiza unha lectura que Rosa Montero axiliza cunha redacción moderna e sen deteriorar. Nos seus artigos, a autora doutras obras literarias como La loca de la casa ou Estampas bostonianas y otros viajes, ademais de espirse a si mesma, ensina, despoxada de calquera tabú, unha España chea de tópicos taurinos e machistas que ela combate, en repetidas ocasións, con doses de feminismo : “cada vez que un hombre me exaspera y me irrita tiendo a pensar que esa extraña criatura es un visitante de, pongamos, Júpiter, al que se debe tratar con paciencia científica y con curiosidad y atención antropológicas” (p.309). Rosa Montero, lonxe de quitarse roupaxe, camufla as súas opinións con intelixentes ironías que converten cada artigo nun xogo de palabras e cada palabra nun xogo de significados. 

Ricardo Saavedra Seoane 

Déixovos aquí un vídeo no que Rosa Montero fala ós lectores mexicanos da súa traxectoria, centrándose na súa obra literaria.

                                      

Anuncios

Entry filed under: Opinión.

La guerra del fútbol y otros reportajes ESPECTROS, Manuel Vicent


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: