Galicia, Galicia

marzo 30, 2008 at 4:39 pm

            Esta obra é unha “Antoloxía dunha década de periodismo crítico” do escritor, poeta e xornalista Manuel Rivas. Nel recóllense diversos artigos publicados entre 1989 e 1999 en varios xornais tanto galegos (La Voz de Galicia e A Nosa Terra) como estatais (El País) cos que o autor colaboraba habitualmente. Esta recompilación foi feita por Xosé Mato, que a súa vez é o autor do prólogo, no que se nos comeza a introducir no mundo de Galicia, Galicia, o país protagonista de tódolos relatos recollidos.

            O libro danos unha visión moi particular sobre Galicia  e céntrase na política como tema principal, sen esquecerse das especiais características da súa sociedade. A era de Manuel Fraga aparece reflexada dende os seus comezos, e os aspectos máis destacados do seu mandato convértense en sucesos cheos de ironía que se unen a outros de invención propia. Ademais, o uso de personaxes recoñecidos por todos axudan a dar un ton de proximidade. Todo isto consegue espertar a risa no lector, sobre todo, cando aparecen en situacións inimaxinables.

            Cómpre destacar aquí que Manuel Rivas escribiu en 1990 varios artigos nos que contaba unha suposta viaxe de Fidel Castro a Galicia para coñecer a terra do seu pai e os contactos deste con Fraga, algo incrible. Pero esta controvertida situación non tardou en facerse realidade. Unha curiosidade que non deixa de dar valor a imaxinación do autor.

            Esta imaxinación, do mesmo xeito que a reflexión, son dous piares básicos nestes textos dos temas máis variados pero que teñen un punto común, todos ocorren no único lugar no que podían ser posibles: Galicia.

                                                                                                            Andrea Carcacía Hermilla  

                                                                                                                  Grupo A

           

Anuncios

Entry filed under: General.

Blanco-Amor e os seus escritos periodísticos El periodista indeseable, Günter Wallraff


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: