“Afirma Pereira”, Antonio Tabucchi

marzo 30, 2008 at 7:57 pm Deja un comentario

Este libro parece estar feito para ser lido en alto. Chéganos coma se o escritor, Antonio Tabucchi, atopase este relato contado en primeira persoa polo protagonista e redactárao coma se fose unha testemuña que aprema contar. O protagonista é un xornalista chamado Pereira que traballa como cronista para un xornal católico de Lisboa dende hai máis de trinta anos e que, en ausencia do seu director por mor das vacacións de verán, encárgase da dirección e elaboración dunha páxina cultural. Para cubrir esta páxina decide encárgalle a un xoven descoñecido chamado Monteiro Rossi a redacción de notas necrolóxicas anticipadas sobre autores susceptibles de falecer, mentres el encárgase da tradución das obras de autores estranxeiros.

Ao longo do relato vemos como Pereira escolle as obras que se tornan redutos de liberdade e que por iso combaten os referentes culturais que quere impor a Ditadura salazarista para penetrar en todos os eidos da vida portuguesa. Ao redor de Pereira móvense unha serie de personaxes arquetípicos que lle levarán a unha resolución: o retrato da muller colgado na parede apórtalle seguridade e complicidade, o camareiro como fonte de información permanente, a porteira do seu edificio como elemento de control máis próximo á súa vida privada, o médico que introduce a conversa como medio para tomar conciencia, a policía que se toma a xustiza pola súa man.

O elemento de oralidade deste texto fai que vaias acompañando a Pereira nun cambio vital: partícipe dunha “servidume voluntaria” paralizante, atravesa unha loita entre as diferentes persoas que albergan nel, ata que finalmente, no último momento, a persoa nova que agroma vence á vella para tomar partido.

Irene Martín Crespo

Anuncios

Entry filed under: General.

El periodista indeseable, Günter Wallraff ANTE EL DOLOR DE LOS DEMÁS (Susan Sontag)

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: