Recuperar a voz, Xesús Rábade Paredes

marzo 28, 2008 at 10:06 pm Deja un comentario

    Recuperar a voz, con limiar de Xesús Alonso Montero, constitúese a partir dunha recolleita de artigos que Xesús Rábade Paredes publicou na prensa galega a finais dos oitenta. Os trinta e cinco textos que compoñen a publicación xiran arredor da situación do galego na sociedade, centrándose en diversos ámbitos como os medios de comunicación, partidos políticos, a escola, a Historia do idioma ou o papel da Igrexa no desenvolvemento do mesmo. Os prexuízos verbo da nosa lingua son duramente azoutados e refutados con fortes argumentos que derruban calquera falacia que a perxudique.

    Literatura e xornalismo fican mesturados nesta obra para mostrar ás lectoras e lectores a necesidade da modificación do código social que rixe os empregos da lingua para así mellorar a precaria situación na que malvive. Constantes reminiscencias ao pasado fusiónanse para tentar rexudir, a través de marabillosas metáforas cunha importante sazón de retranca, a conciencia de quen as le.

    Agardemos que despois de tanto tospenear, non quedemos durmidos enriba da mesa cos brazos cruzados mentres se desfai este noso meirande tesouro. E é que, como sentencia Rábade, “o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo”.

 

Alonso Rodríguez Noemí

Grupo A

Anuncios

Entry filed under: General.

LA VIDA DESNUDA DE ROSA MONTERO Demasiada nieve alrededor, Javier Marías

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: