LA VIDA DESNUDA DE ROSA MONTERO

marzo 28, 2008 at 4:28 pm

rosa_montero.jpgA Rosa Montrero nótaselle que está formada en Psicoloxía pola maneira na que a través dos seus artigos fai unha análise dos comportamentos humanos: dende os máis desprezables ata os máis loables. Pero ela céntrase, sobre todo, nos primeiros e por medio dunha ironía simpática (pero que as veces leva a equivocación) e recorrente durante todo o texto realiza unha crítica deses aspectos máis perversos da nosa especie.            

 Este libro contén unha recompilación dos seus artigos publicados durante anos en El País. Ao rematar de ler esta obra, un dáse conta de que existen temas recorrentes nos que Rosa parece facer especial fincapé: as ríxidas normas da Igrexa, o racismo contra os xitanos e o amor en todas as súas vertentes entre outros. A escritora combina dun xeito maxistral estes temas de enfoque universal con pequenas historias individuais moi conmovedoras e, sobre todo, consegue situar ao lector no lugar da vítima.   

          Para a autora,  escribir artigos é como“tocar coa punta dos dedos un anaco de realidade”. Nada máis claro para explicar o contido deste libro: pedaciños de realidade tratados con toda a profundidade que permite un espazo delimitado dunha folla do xornal.

 Mª Tania Alonso González

Anuncios

Entry filed under: General.

La comunicación no verbal Recuperar a voz, Xesús Rábade Paredes


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: