El año que trafiqué con mujeres. Antonio Salas

marzo 27, 2008 at 12:18 pm Deja un comentario

el_ano_qu.jpgNovamente, o xornalista que se da a coñecer baixo o seudónimo de Antonio Salas volveume a sorprender, e moi gratamente, polo gran traballo de investigación que levou a cabo para escribir este libro. Nesta ocasión, o xornalista ponse na pel dun proxeneta para infiltrarse durante un ano no mercado do sexo e describir a lamentábel  situación na que se atopan tantas mulleres que se ven obrigadas a prostituirse.

O libro debería servir -e espero que así sexa- para abrirlles os ollos a todas aquelas persoas que consideran que moitas desas mulleres elixen elas mesmas estar dentro dese mundo, que se están vendéndose por uns poucos euros é porque realmente queren. Aínda que, efectivamente, hai prostitutas que exercen o oficio máis antigo do mundo por decisión propia, son unha minoría, mentres que a gran maioría vense obrigadas a facelo nun intento de mellorar a súa situación económica, algo que, moitas veces, nin siquera conseguen, e isto é algo que o autor plasma moi ben no seu relato. Tamén se menciona o caso das rapazas universitarias; neste contexto, pregúntome ata que punto un medio como o xornal, que inclúe todo tipo de anuncios nas súas páxinas, se pode considerar un medio serio na medida en que contribúe a proliferar este negocio.

É realmente triste ler como un traficante ofrece nenas de dez anos para prostituirse nos burdeis españois, do mesmo xeito que tamén é triste que os programas de televisión só se referisen no seu momento a esta obra para comentar o capítulo no que se cita a Malena Gracia e se dan iniciais doutras modelos e presentadoras que exercen a prostitución de luxo. Entendo que, cada vez máis, o morbo e todo o que teña que ver coa especulación é o que vende, pero non debería ser ese o aspecto que máis debería interesar dun libro coma este. Triste tamén que, como di o autor ó final do libro “todavía hay miles de Sunnys, Marios y Andreis en libertad, llenando los burdeles europeos de carne fresca y joven”.

Unha obra que non deixa indiferente.

Marta Rial Alvite

Anuncios

Entry filed under: General.

a La comunicación no verbal

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: