Galicia, Galicia, Manuel Rivas

marzo 24, 2008 at 12:54 pm

“A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación”. Esta significativa cita de Ambrose Bierce foi elexida por Manuel Rivas para abrir o seu libro. E dende logo, a lección quedoulle ben aprendida, pois é a constante que se repite ao longo da obra. Unha gran paradoxa entre o exercicio de liberdade de Rivas e a propaganda compulsiva do poder.

Galicia Galicia recolle un traballo xornalístico sobre o noso país. Publicado nos dez últimos anos en El País, La Voz de Galicia ou A Nosa Terra. Os diversos artigos distribúense en varias seccións: O conservador país onde non existen os conservadores, No mellor país do mundo, Terra Cha, Cha, Cha, A campaña do ogro, A campaña do botafumeiro, O gaiteiro solitario, Toca madeira, O pleonasmo de Don Manuel, Oración fúnebre pola orquestra do vento. 

Sen dúbida, o gran protagonista é Manuel Fraga, ca correspondente crítica ao seu goberno. Crítica que Rivas sabe facer musicando as letras con imaxinación e humor. Non só trata a unha persoaxe, senón tamén a unha etapa da historia de Galicia. Soamente, os galegos somos capaces de entender este xogo de ironía e retranca, mecanismos trasmisores de moita sabedoría dende os nosos antergos. Soamente os galegos somos capaces de emocionarnos e mesmo rir a gargalladas con estes relatos que nos tocaron vivir tan de pretro.

 

 Existe un gran contraste entre a posta en escea de temas. Por unha banda, achéganse notas políticas coma a viaxe de Fraga a Cuba ou as eleccións, sempre tratadas dende a crítica ao negativo. Quizáis, esta é a cara amarga para quen non comparta as súas ideas. Non obstante, por outra banda, Rivas tenta deixar un doce sabor de boca con outros trazos. Puntos que definen a nosa terra e a súa sociedade coas súas costumes.

   Nalgún momento, pode semellar unha arroutada chea de odio cara á persoaxe e o seu traballo. En contadas ocasións, o escritor de Vimianzo chegou a tildar o citado goberno de antigo réxime ou mesmo de ditadura. Non obstante, folla tras folla, calquera aprecia que simplemente se trata de xornalismo crítico.

 

Rocío Álvarez García

 

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Reportero de guerra Territorio Comanche. Pérez Reverte


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: