Un mundo sin rumbo, Ignacio Ramonet

marzo 8, 2008 at 8:48 pm Deja un comentario

O libro Un mundo sin rumbo (1997) de Ignacio Ramonet trata o devir da humanidade no seu camiño cara ao século XXI. O director de Le Monde Diplomatique, no seu incansábel labor de análise social, dá moitas das claves dunha sociedade que, baixo a súa visión, lonxe de evolucionar cara á perfección tende á perda de moitos dos valores que están nos seus alicerces.

    Nesta publicación Ramonet amosa un estilo ensaístico moi similar ao que despois amosaría nas súas obras posteriores. A cronoloxía sitúase esencialmente no período que vai desde finais dos 80 e inicios dos 90, cando cae definitivamente a URSS, aínda que cómpre sinalar que se nomean a maioría dos feitos máis destacados do século XX. A perspectiva é por tanto do máis ampla.

    O dominio cultural dos EUA e o comportamento do resto do planeta cara este centra grande parte do discurso de Ignacio Ramonet, mais o abano dos temas que se tratan é maior. O nacemento e desmembramento continúo de estados, moitas veces flotantes e sumidos asiduamente en conflitos interminábeis (como os casos da antiga Iugoslavia, da propia URSS…) provoca unha situación de loita continua que moitas veces esconde o grande problema enunciado polo título do libro: camiña o mundo sen rumbo?

    As achegas que fai Ramonet en cada capítulo do libro fan deste libro un manual sobre o estado da sociedade de fins do s.XX a nivel mundial. Coa perspectiva actual vese como moitas das afirmacións e vaticinios incluídos en Un mundo sin rumbo están no certo, corroborando así a rigorosidade do estudo. Os problemas esenciais da sociedade reflíctense nesta publicación, a solución será traballo doutros.

 

David Canto Veiga

Anuncios

Entry filed under: General.

Territorio Comanche, Arturo Pérez-Reverte LA HOGUERA DE LAS VANIDADES de Tom Wolfe

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: