Sostiene Pereira, Antonio Tabucchi

marzo 8, 2008 at 5:16 pm Deja un comentario

A Europa dos anos 30, máis concretamente o Portugal da época e a España da Guerra Civil son o marco histórico no que Tabucchi desenvolve este pequeno relato, que, sen a necesidade de ser unha historia real, consegue reflectir o duro momento político.

O libro provoca a reflexión do lector sobre a función do xornalista cando o ambiente político é conflitivo. Conségueo a través do exemplo de Pereira, o protagonista. Ocúpase da páxina cultural do Lisboa. Para ela traduce textos de escritores franceses e prevé a escritura de necrolóxicas dos personaxes relevantes da sociedade que están a piques de falecer. Pereira non é crítico coa ditadura de Salazar baixo a que vive Portugal, nin coa Guerra Civil do país veciño. Un día decide contratar a un axudante, un xornalista inquedo que ten unha concienciada e, máis inqueda aínda, moza. Un conxunto de infortunios van provocar o desenvolvemento do pensamento de Pereira en canto á súa labor de xornalista.

Hai unha evolución no personaxe que o leva dende a absoluta pasividade ante a situación que vive a Europa Occidental da época ata a denuncia do asasinato do seu axudante por parte dos fascistas. Aínda que esta decisión o leve cara o exilio.

A censura é a outra protagonista do relato, a que guía os escritos de Pereira, a que lle impide traducir textos de escritores franceses porque os franceses son os inimigos do réxime portugués. E porque, aínda que só formen parte da páxina cultural dun pequeno diario cunha tamén pequena tirada de exemplares, exerce unha importante influencia nos lectores, xa que algúns deles constitúen un verdadeiro chamamento á democracia e á liberdade.

Alonso Rodríguez Noemí
(Reseña xaneiro)

Anuncios

Entry filed under: General.

Lo mejor de Rosa Montero Territorio Comanche, Arturo Pérez-Reverte

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: