La palabra pintada, Tom Wolfe

marzo 8, 2008 at 9:57 am Deja un comentario

Unha gran crítica. Así se podería definir este libro de Tom Wolfe no que non deixa títere con cabeza dentro do mundo da arte moderna. Quizais comenta cousas que moitos pensaban, pero que ninguén se atrevía a manifestar por medo a que o calificaran de ignorante ou anticuado. A incrible presión que a arte exercía, e exerce, sobre a sociedade impulsa a todos a ter que interesarse por ela aínda que en moitos casos non lle transmite nada. A chegada da arte moderna, que supuxo unha revolución nese mundo, estivo moi promovida polas clases altas e polos críticos que se movían dentro dos seus exclusivos círculo. Wolfe critica a maneira en que aconteceu todo isto, xa que querendo deixar todo o anterior atrás, as novas correntes non fixeron outra cousa que desembocar de novo no pasado. Dunha maneira diferente, pero chegaron ó mesmo punto.

Aínda así, cabe resaltar o coidado estilo do escritor. Acusado en algunhas ocasións de facer críticas ofensivas, nesta ocasión, Wolfe faino dunha maneira moi elegante. Emprega unha ironía moi sutil aínda que dura, na que critica non só ós responsables dos novos esperpentos da arte moderna, senón tamén a todos os críticos e seguidores que aceptan sen ningún tipo de reparo calquera obra con tal de non ser desprazados. Así, conséguese formar un mundo no que ninguén cuestiona nada, polo que aparecen continuos movementos que, en moitas ocasións carecen de sentido, pero que acadan unha gran fama por pertencer a quen pertencen.

Jorge Lema Pombo (reseña de xaneiro)

Anuncios

Entry filed under: General.

“Ninguna Guerra Se Parece A Otra” Por Jon Sistiaga Lo mejor de Rosa Montero

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: