Viaxes con Heródoto de Ryszard Kapuscinski

febrero 29, 2008 at 11:03 am

herodoto.jpgHerodotus 450 a.C

 

O Ryszard Kapuscinski previo ao grande xornalismo soubo de Heródoto na universidade. Porén, onde realmente o coñeceu foi ao comezo da súa carreira profesional como un dos filtros de información no Estandarte da Xuventude. A redactora xefe do xornal onde traballaba agasallouno coa Historia de Heródoto para que o acompañase durante a súa primeira viaxe como reporteiro. Era a primeira viaxe na cal saía de Polonia e cruzaba unha das moitas fronteiras que ía atopar en numerosos ámbitos. Unha fronteira que non só o afastaba do comunismo, senón que tamén lle abría as portas dun mundo novo que lle suscitaba a curiosidade propia dun neno á vez que un medo atroz por afastarse do coñecido ata aquel momento. A Historia de Heródoto fixo dun Kapuscinski principiante a súa propia historia. Os dous reporteiros comparten ao longo do libro experiencias, reflexións e contradicións. Choques de civilizacións e as mesmas expedicións. Guerras inservíbeis, enfrontamentos e caídas de vítimas inocentes por razóns semellantes separadas por varios centos de anos. A través da lectura dalgunhas das reflexións políticas de Trasíbulo, Kapuscinski atopa unha crítica mordaz aplicábel á sociedade actual. Así é como o xornalista polaco comeza a ver a Heródoto como un amigo e ambas as dúas historias dos dous reporteiros se van fusionando e converténdose nunha soa. Cun estilo sinxelo e moi directo, Kapuscinski fai que mediante a profundidade das súas descricións viaxemos por lugares tan diversos como unha India espiritual, a China de Mao ou o caloroso Exipto. Fai que o acompañemos nunha expedición con nenos africanos polas selvas do Congo. Todo iso baixo unha grata crítica á sociedade que peca de soberbia, hipocrisía, materialismo e mesmo un excesivo racionalismo aos seus ollos.    

Silvia Mella Alonso

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

UNHA INFORMACIÓN DE POLISTÓVSKAYA DIARIO DE UN SKIN DE ANTONIO SALAS


febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: