DIARIO DE UN SKIN DE ANTONIO SALAS

febrero 29, 2008 at 12:43 pm

diario.jpgSe alguén non sabía que no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela existe un dos grupos do Ku Klux Klan máis importantes deste país, a través do libro  Antonio Salas, o lector pode descubrir estas e moitas outras cousas relacionadas co mundo dos cabezas rapadas.

 

            Antonio Salas é un pseudónimo. O xornalista fai ben en levar un nome falso porque a súa vida corre perigo dende a publicación deste libro porque moitos dos skins que foron os seus ‘camaradas’ durante un ano teñen sede de vinganza polo abuso da súa confianza. Malia isto, Salas admite sentirse orgulloso de que a súa investigación servise, polo menos, para que moitos outros skins se panteasen se era un camiño axeitado o que estaban tomando.

 

            O libro está moi documentado e isto vírase na súa contra porque, as veces, faise demasiado denso con capítulos temáticos que o lector procura ler axiña para chegar os que máis interesan como o último onde narra a ‘caza’ dos afeccionados contrarios ao Real Madrid por parte dos Ultrassur ao final dos partidos do equipo merengue. Bótase en falta tamén unha explicación de como aconteceu a súa delatación por parte dun axente de policía o que lle obrigou a rematar coa infiltración.

 

            Sexa como for, o valor de este home (non houbera antecedentes de inflitrados no mundo neonazi en España) é admirable. En numerosas ocasións confesa o medo que sentía ao estar só (porque el traballaba sen protección), cunha cámara debaixo da bomber ante decenas de skins violentos que de descubrir a súas intencións non dubidarían en axustar contas.

Mª Tania Alonso González

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe.

Viaxes con Heródoto de Ryszard Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio, Ryszard Kapuscinski


febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: