UNHA INFORMACIÓN DE POLISTÓVSKAYA

febrero 28, 2008 at 11:08 pm Deja un comentario

Una guerra sucia recolle unha serie de reportaxes de Anna Politkóvskaya publicados entre finais de agosto de 1999 e abril do 2000 no semanario Novaya Gazeta nos que a xornalista, a través de documentación e un amplo rexistro de persoaxes con censo, da testemuña da guerra en Chechenia e denuncia a Rusia de dar un golpe de Estado anticonstitucional neste país.

A guerra comezou de novo o 21 de agosto de 1999. A versión oficial dita que o lume de guerra foi provocado polos guerrilleiros chechéns ao atacar Dagestán e realizar atentados terroristas en Moscú causando centos de mortes. Segundo os chechéns e algúns disidentes rusos, a man do antigo KXB estivo detrás destes atentados. Casualidade ou non, Vladimir Putin, daquela un novo candidato pouco coñecido, sucedeu a Boris Yeltsin en decembro de 1999 e uns meses despois gañou as eleccións. O exército ruso ocupou as zonas fronteirizas e comeza un ataque aéreo e terrestre lanzando mísiles balísticos contra as principais cidades. A poboación civil foi evacuada fóra da república, cercaron a capital e no 2000 apoderáronse do seu governo. A partir desa data avanzaron cara outras cidades, poñen a Kadyrov como primeiro ministro, un antigo separatista agora prorruso, na administración chechena formada tamén por antigos separatistas. Meses más tarde foi asasinado e substituído polo seu fillo que se convertería en primeiro ministro e despois presidente, substituíndo a Adul Alkhanov.

A guerra termina no 2002 pero os combates continúan, os Kadyrov foron acusados por Anna Politkóvskaya de establecer un réxime militar de terror e de recluír aos pobos en guetos e conseguir así que “a república independentista convértase nunha reserva para os indios do século XXI”. Tamén os señores da guerra chechéns foron acusados de crimes de guerra contra os prisioneiros e civís rusos, os reféns e contra os propios civís chechéns. Os refuxiados instálanse en Ingushetia o Daguestán. A guerra silenciouse nos medios de comunicación rusos.

Irene Martín Crespo

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe.

La amante en guerra. Maruja Torres. Viaxes con Heródoto de Ryszard Kapuscinski

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: