Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006), de Xesús Alonso Montero

febrero 26, 2008 at 9:44 pm Deja un comentario

alonsomontero.jpgO vello mestre escolma nesta obra artigos publicados en diferentes medios, desde La Voz de Galicia a Mundo Obrero, ao longo de moitos anos de traballo e estudo, e que conforman a crónica máis fonda dos militantes do Partido Comunista de España (PCE) no noso país.

Alonso Montero percorre esta historia desde os primeiros intelectuais marxistas até os os seus compañeiros de militancia pasando polos loitadores (das armas e da cultura) na II República e a Guerra e Posguerra Civil. Lois Tobío, Lorenzo Varela, Luís Seoane, Enriqueta Otero, Xaime Quessada ou o propio Alonso Montero aparecen nas páxinas desta ampla escolma.

Ampla, máis quizais incompleta. De entre todos os persoerios aos que se dedican os artigos non hai ningún alén da liña do PCE. Acaso, vello mestre, os marxistas alén do comunismo español “oficial” non contamos? Xente como Luís Soto ou Xoán Xesús González, non merecen nada máis que unha simple mención?

A situación actual do noso país non se entende sen o nacionalismo, sen os proxectos da UPG e o PSG e todos os que viñeron despois. Non merecen para vostede consideración as persoas que construíron esas alternativas, en galego e desde Galiza?

A pesar das súas omisións, esta obra non deixa de ser un esforzo titánico de recuperación da memoria de persoas que corenta anos de ditadura case conseguen borrar. Son decenas de experiencias das que aprender erros e acertos, vidas valentes e loitas a morte.

Ampla e necesaria mais incompleta. Esas lagoas, vello mestre, son froito da casualidade… ou do sectarismo?

 

Santiago Agra Bermejo

Anuncios

Entry filed under: Opinión, Reseña.

Sobre la televisión, Pierre Bourdieu CRÓNICA NEGRA DEL PRESTIGE (Luis Gómez y Pablo Ordaz)

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: