COSMOFOBIA, de Lucía Etxebarria.

febrero 18, 2008 at 9:02 pm Deja un comentario

Xa na primeira liña do libro a autora di que se trata dunha “historia de historias cruzadas”. A testemuña parte do barrio madrileño de Lavapiés, e plasma un relato colectivo con vontade de crónica, repleto das urxencias do amor e do diñeiro, de trampas e enganos da vida, de esperanzas e soidades… Neste barrio conviven persoas de diferentes lugares do mundo, como China, Ecuador, Colombia, Senegal, Exipto… Nunha decena de capítulos aparecen vinte personaxes como Antón, Sonia “la Chunga”, Ismael, Amina, Poppy… e dúas mulleres que me gustaron especialmente: Susana, “La Negra”, que intenta buscar traballo e sempre a rexeitan por ser negra; e Miriam, que ten que facer fronte á que seus pais non acepten que se fora a vivir e se queira casar con un árabe, Yamal, que segundo a autora resume o espírito da novela na frase: “Non existe a miña verdade ou a do outro, senón a miña verdade e a do outro”. A través da historia das súas vidas reconstrúense dous ámbitos sociais: un barrio popular do centro urbano, que se centra na nova realidade que xira en torno ós inmigrantes, a problemática da súa integración e o debate do multicultural e intercultural; e o variado círculo dunha efímera modernidade artística, os “pijos bohemios”. O segundo ámbito, en contraposición ó primeiro, xira en torno ó ambiente da movida madrileña: con representantes do cine, da música, fálase da moda, relacións sexuais moi libres… querendo mostrar así a outra cara da moeda.

 É de admirar a facilidade e destreza que ten Lucía Etxebarria para pintar tódolos detalles e captar a realidade, pero tamén debo citar algún defecto, como que por momentos é difícil entender a linguaxe que emprega, con modismos madrileños e palabras sacadas da linguaxe colonial, e tamén que algunhas das historias son bastante confusas ás veces. En resumo, trata sobre como encontrar o teu lugar no mundo e de como ó final, sexas de onde sexas, tes os mesmos problemas nesta sociedade cruel. A autora di que elixiu o título de Cosmofobia para reflectir os medos que existen na sociedade actual: “O medo a voar por si hai atentados, o medo ó cambio climático, que vai destruír o planeta; o medo ós inmigrantes, que veñen a quitarnos o traballo; o medo ós homosexuais, que van acabar coa familia, ou o medo ós mozos, porque poden ser todos drogadictos ou promiscuos”. Reyes Riveiro.

Anuncios

Entry filed under: General.

A Sangre Fría. Truman Capote “El imperio” de Ryszard Kapuscinski

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: