Oriana Fallaci Vs Oriana Fallaci

enero 31, 2008 at 10:37 am

oriana.jpgHoxe fai un mes que coñecín a Oriana Fallaci. Cada noite, cada intre de tempo libre que tiña, collía o seu libro e imaxinaba que a estaba a entrevistar, que estaba a falar con ela, que estabamos a conversar. Teño que recoñecer que a primeira sensación que tiven ó vela foi de medo…e en certa maneira non me equivoquei.

Cando o libro caeu nas miñas mans, Oriana Fallaci se entrevista a si misma; El Apocalipsis, souben que ía ser unha lectura interesante, amena e moi rápida. Preferín ir pouco a pouco. Quería descubrir a esa muller que nos presentaran na clase e que semellaba infranqueable, impermeable a calquera contratempo. As súas preguntas e respostas déronme a oportunidade de facelo e de descubrir que Oriana tivo ata a súa morte un acompañante, o cancro, que en certa maneira a radicalizou máis nas súas ideas e lle fixo perder, se era posible, o medo a falar.

A forza e descaro desta italiana afincada moitos anos en Nova York fai que as súas respostas produzan no lector unha mestura de amor e odio cara a figura dunha muller que en ocasións roza a xenofobia e a intolerancia. A atípica pero enxeñosa auto-entrevista que mostra fai que o entrevistador sexa unha mera incitación a falar e que o libro se converta nunha reflexión íntima na que os lectores son os cómplices. Querida ou non, Oriana Fallaci é alguén que non podemos deixar de coñecer. Eu xa o fixen. Non somos amigos, aínda así, gústame escoitala.

Déixovos aquí un vídeo coa vida de Oriana Fallaci. Está en italiano pero penso que a idea xeral se pode entender ben.

Ricardo Saavedra Seoane

Anuncios

Entry filed under: Entrevista, General.

Contos SARAJEVO, JUICIO FINAL. Julio Fuentes


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: