Diario de un skin, de Antonio Salas

enero 16, 2008 at 11:56 am Deja un comentario

diarioskin1.jpg
Calzar botas con punta de aceiro
, abrigarse cunha bomber e lucir a cabeza rapada. Aprender a vida e milagres de Adolf Hitler e cabaleiros afíns para reproducila en conversas, que máis ca conversas semellan letanías propagandísticas. Infundir o medo ao paso cos demais camaradas, acompañados dunha violencia a proba de negros, xudeus, homosexuais, putas ou inmigrantes. O xornalista que se fai chamar Antonio Salas asinou a súa sentenza de morte cando decidiu infiltrarse como neófito skin baixo a identidade de Tiger88. Moitos non daban un duro por el, pero case un ano mergullado no movemento skinhead español (cámara oculta incluída) dá para moito e proba diso é Diario de un skin. Confirmou sospeitas e afirmou realidades destapando un antitético entramado no que señores de gravata conviven con cabezas rapadas. A diferenza está en que os primeiros arengan ante os segundos, e estes sucumben hipnotizados por discursos autoritarios. A música e a internet como potente vehículo de transmisión ideolóxica, o fútbol como fuga da violencia, a estética para marcar a pertenza a un grupo…a ideoloxía do odio e a intolerancia para unilos a todos. Centos de ultradereitistas téñenlla xurada. Pero cando o xornalista aínda non dixerira os achados da súa andanza a realidade doulle outra labazada á imaxinación: relevantes membros da ultradereita lúcranse prostituíndo as inmigrantes que tanto repudian. El año en que trafiqué con mujeres recolle este e máis descubrimentos da súa nova infiltración, onde a amargura avanza na escala de grises.

 

María Docampo Mosquera

Anuncios

Entry filed under: General.

Rosa Montero: La Vida Desnuda Diario ruso, Anna Politkóvskaya

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: