Crónica de una muerte anunciada

enero 15, 2008 at 11:34 am Deja un comentario

El día en que lo iban a matar, Santiago Nasar se levantó a las 5:30 de la mañana para esperar el buque en que llegaba el obispo.” Deste xeito tan contundente comeza Gabriel García Márquez a que foi alcumada como a súa obra máis realista. Crónica de una muerte anunciada narra como sucedeu a morte de Santiago Nasar, as súas causas, consecuencias e testemuñas directas do suceso que conmoveu a vila caribeña na que aconteceu.

Baseada en feitos reais que o autor coñeceu de boa man, a historia parece sacada dun deses contos que se transmitían antigamente de xeración en xeración pero que nunca ninguén coñecido chegou a presenciar. Cun narrador en primeira persoa do que non se chega a saber o seu nome, pero que forma parte do relato participando activamente nel, axúdase inda máis a dar un ton real a desgraza de Nasar a mans dos irmáns Vicario.

Escollendo como título para a obra o xénero xornalístico, é evidente que a presenza constante do tempo vai ser un factor determinante. Malia isto, non tódolos feitos están contados en orde cronolóxica xa que se suceden alusións a momentos anteriores e posteriores o relato principal.

A presenza de numerosos personaxes é outra das características da historia. Todos teñen cabida para dar a súa visión persoal sobre o día en que asasinaron o protagonista por mor de quitarlle a honra a Ángela Vicario. Unha mañá na que o destino quixo que toda a poboación soubera o que lle ía a pasar a Santiago Nasar menos el.

  Andrea Carcacía Hermilla

Anuncios

Entry filed under: General.

“Crónica de una muerte anunciada” Gabriel García Márquez Rosa Montero: La Vida Desnuda

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: