Diario de un skin. Antonio Salas

enero 14, 2008 at 11:42 am Deja un comentario

DIARIO DE UN SKIN. Antonio Salas.  Diario de un skin é a confesión dun xornalista que, baixo o seudónimo de Antonio Salas, narra as experiencias que viviu durante todo un ano no que estivo infiltrado no movemento neonazi español convivindo cun grupo de cabezas rapadas. É este un libro moi logrado na medida en que pode chegar a impactar moito ó lector polo feito de tratarse dunha historia real que, ademais, está contada en primeira persoa, o que contribúe a darlle máis credibilidade, se cabe, a todo o que o autor nos relata. Tamén merece un recoñecemento especial o valor do xornalista para facerse pasar por un skinhead  máis e o traballo que iso leva consigo, posto que para integrarse perfectamente no grupo estivo antes chateando con nazis, falando con racistas… Todo isto conleva un arduo esforzo que non debe ser esquecido en ningún momento polos lectores, e serve para “desculpar” outros aspectos da obra que, na miña opinión, poderían ser mellorados; sirvan como exemplo algunhas descricións extremadamente detalladas, cargadas de datos que seguramente carecen de maior interese para unha gran parte dos receptores e que poden chegar a desmotivar en certa medida a lectura, ó tempo que noutros momentos agradeceríamos algo máis de profundización ó atoparnos cunha falta de información cando sería interesante. Con todo, podemos pasar por alto estes aspectos se pensamos que non se trata dunha novela concebida para entreter por uns momentos ó lector, senón que se trata dun traballo de investigación e, como tal, debe aportar a maior cantidade de información posíbel.  Por último, gustaríame rematar sinalando que obras coma esta contribúen a que poidamos referirnos a “Antonio Salas” como un xornalista en maiúsculas, pois este libro constitúe toda unha aportación ó xornalismo de investigación a través dunha reportaxe que é real coma a vida mesma.  Marta Rial Alvite

Anuncios

Entry filed under: General.

Lawrence Grobel, Conversaciones íntimas con Truman Capote El periodismo es un cuento. Manuel Rivas

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: