Ninguna guerra se parece a otra. Jon Sistiaga

enero 13, 2008 at 12:54 pm Deja un comentario

Lembro como se o estivese vendo agora o día en que nos informativos de telecinco daban a tráxica noticia do bombardeo do hotel Palestina. Levo na memoria as “famosas” imaxes do reporteiro Jon Sistiaga trasladando nunha camilla ao seu compañeiro de traballo, ao fotógrafo José Couso.Ninguna guerra se parece a otra lévanos a ese día. Repasa a través de cada unha das súas páxinas a guerra dos estadounidenses contra o pobo iraquí, pero sobre todo cada letra é un xesto de agradecemento e homenaxe a un amigo que sufriu as consecuencias dunha atrocidade, só por informar.Vas lendo e vas vivindo anécdotas,vas sufrindo con Jon Sistiaga, vas vendo as inxustizas  e rematas por odiar cruelmente as guerras.

Jon, a medida que pasan os días e a partir do seu caderno de notas, vai construindo un relato impregnado de sentimentos, emocións, vivencias, anécdotas e arrepentimentos. Chegamos ao día 7 de abril e á súa libretiña só lle queda unha folla en branco. Quizais un aviso do destino, tamén un pálpito de saber que aquelo chegaba ao seu fin. Estaba preto o final. Remataba o conflito. E así foi, o 8 de abril caía Bagdad nas mans dos norteamericanos. Ese día Jon non tomou ningunha nota.”el 8 de abril tengo una hoja en blanco en mi cuaderno y una hoja en blanco en mi vida”

 Non é un libro do que se poidan sustraer conclusións ou leccións para a nosa profesión. Tampouco se presta a amosarnos o día a día do “super-reporteiro”, do heroe “trasnochado de película en blanco y negro”, do intocable corresponsal. Todo o contrario. Desmitifica a figura do reporteiro. Ó fin é o cabo non é de pedra. Tamén sofre, sinte, emociónase, métese no papel dos demais, das vítimas “por fin me ponía en la piel de una madre kosovar, de un niño afgano ou de un padre iraquí”, decía Sistiaga o día da morte do seu “colega”.

Como non, aflora tamén o dilema de todo corresponsal de guerra; deben intervir? deben implicarse? Así como tamén se cuestiona o seu traballo. “creo que no hay ningún reportero que no se cuestione su propio oficio cuando contempla una atrocidad”.

Paradoxas da vida, guiños do destino, Couso tiña pousado na súa mesa de noite o libro que estaba lendo. Era do corresponsal de El Mundo Julio Fuentes, que morrera na guerra de Afganistán e levaba por título Morir para contarlo.   

Alba Silva Rodríguez. Grupo C.  

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe, Reseña.

La aventura de Miguel Littín clandestino en Chile, Gabriel García Márquez Fusiles y Claveles, de Diego Carcedo

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: