Fusiles y Claveles, de Diego Carcedo

enero 13, 2008 at 12:59 pm Deja un comentario

A noite máis decisiva de Portugal contada desde os ollos dun reporteiro de televisión, a crónica viva e trepidante dunhas horas que cambiaron o rumbo do além-Minho. Así poderiamos resumir o libro Fusiles y Claveles, do xornalista español Diego Carcedo, quen viviu a “Revolução dos Cravos” daquel 25 de abril de 1974 como enviado de TVE.

Carcedo narra nesta longa crónica os acontecementos que teñen lugar desde o solpor do día 24 até o amencer do día 26. Cada movemento de tropas, cada cuartel que se suma á sublevación, cada acción dun goberno que non é consciente que se derruba, cada obxectivo que cae, cada comunicado que anuncia a caída do réxime ditatorial máis vello de Europa. Mentres, contextualiza a accións e os personaxes nas circunstancias dun Portugal carcomido polo illamento internacional, a pobreza, o atraso e unha infinita e cruenta guerra colonial en África.

O autor recrea a tensión do cuartel de Pontinha, núcleo da sublevación, os temores dos soldados a que todo fose unha manobra da policía secreta (a PIDE), a esperanza ao escoitar o Grândola Vila Morena, contrasinal definitiva da esperanza, e o a parálise de Marcelo Caetano, ditador que perde o seu poder sen poder facer nada. O agromar da esperanza en caraveis vermellos que coraban os fusís dos Capitães de Abril.

Unha novela áxil dun xornalista que coñece ben o país veciño, onde estivo moitos anos como correspondente de diferentes espazos de TVE.

 

Santiago Agra Bermejo

Anuncios

Entry filed under: General.

Ninguna guerra se parece a otra. Jon Sistiaga

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: