Periodismo oral. Hablar y escribir para radio y televisión, Iván Tubau

enero 11, 2008 at 11:38 pm Deja un comentario

Suxeito, verbo e predicado. O primeiro consello que recibimos ao chegar á facultade foi ese. Escribir para radio ou televisión é diferente que escribir para prensa. Cada medio ríxese polas súas propias características cara o lector ou oínte en cada caso. Isto lévanos a escribir dunha maneira ou outra dependendo do medio. Iván Tubau bota man de argumentos politicamente incorrectos para defender un novo modelo de xornalismo, atrevéndose a cuestionar mesmo os parámetros lingüísticos expostos (ou impostos) pola Real Academia Española.

 

Partindo da base de que hai que escribir como se fala, e dende o punto de vista da experiencia (e é que este xornalista doutor en filoloxía comeza a traballar como guionista nos últimos tempos do franquismo, cando aínda eran os xornalistas da prensa os que guiaban a locución televisiva e radiofónica), Iván Tubau ten clara unha premisa fundamental: “un fonema, un grafema”. Calquera excepción a esta regra non fará máis que entorpecer a lectura dos textos.

 

Os xornalistas que son actores, os actores que son comunicadores, pero tamén están os comunicadores que non son xornalistas, quen asímesmo, son actores. Onde está o límite?

Un libro sinxelo escrito non só para os xornalistas, senon que tamén vai encamiñado aos oíntes e telespectadores, que pretende dar unha visión crítica da realidade da locución na actualidade. Sen pelos na lingua, cita autores, programas e mesmo exemplifica etapas da súa vida para mostrarnos o outro punto de vista sobre o xornalismo e os xornalistas da televisión e radio actuais.

Noemí Alonso Rodríguez

Anuncios

Entry filed under: General.

ÁFRICAS, Bru Rovira La aventura de Miguel Littín clandestino en Chile, Gabriel García Márquez

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: