Un día más con vida. Ryszard Kapuscinski

enero 10, 2008 at 11:43 am Deja un comentario

O argumento de Un día más con vida xira arredor da coñecida como “revolución de los claveles”, que supón a fin do colonialismo de Portugal e, como consecuencia, a  proclamación da independencia de Angola en novembro de 1975. Antes de que este acontecemento teña lugar, Kapuscinski viaxa a esa zona do continente africano para ter un coñecemento directo do conflito e, deste xeito, poder informar acerca do mesmo coa máxima exactitude posíbel.

            O autor, por medio dunha minuciosa explicación de cada un dos detalles no enfrontamento entre o Movemento Para a Liberación de Angola e a Fronte Nacional de Liberación de Angola (MPLA e FLNA, respetivamente), fai que o lector se poida sentir en certo modo partícipe dos feitos que está narrando na medida en que as coidadas descricións do lugar e das persoas permítenlle ó lector imaxinar a situación.

            Con esta obra, Kapuscinski demostra que é quen de poñer en risco a súa vida co obxectivo de estar no lugar dos feitos para observar os sucesos e convertirse el mesmo nunha fonte de primeira man. Con todo, non por iso deixa de manifestar os seus temores en distintos momentos do relato ó expresar que esa podería ser “a súa última noite”. Non obstante, decide permanecer alí ata o final asumindo todos os perigos que iso conleva.

            A modo de conclusión simplemente sinalar que na miña opinión esta é, sen dúbida, toda unha leción para o xornalismo, posto que constitúe un claro exemplo do “ir, ver e contar” que tanto se busca no exercicio desta profesión e do que tantas veces se fai caso omiso.

 

Marta Rial Alvite

Anuncios

Entry filed under: General.

Áfricas, cosas que pasan no tan lejos, Bru Rovira 1912+1

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: