Archive for enero 9, 2008

Áfricas, cosas que pasan no tan lejos, Bru Rovira

africas.jpg

As experiências vividas polo reporteiro, Bru Rovira, ao longo das suas viagens por África como corresponsal de prensa dam-lhe a este livro o ar de realidade que precisam as histórias inassumíveis na nossa sociedade. Áfricas, é umha crónica novelada, com traços de reportagem que narra a situaçom de miséria que sofre a povoaçom, os conflitos bélicos que sucederon nos lugares nos que se atopava, a cobertura dos meios de massas occidentais, e a responsabilidade dos paises ricos em tales feitos, assim como a influença a nível pessoal de tales vivências.

É relevante a mistura de informaçom histórica e informaçom jornalística, afondando no contexto e nos detalhes para entender milhor umha situaçom, algo que a prensa actual dificilmente consegue. É interesante o facto de que seja um relato em primeira pessoa, e que o jornalista participe da acçom. Porque foi buscar a notícia, os acontecementos, porque observou o que pasava, e que polo tanto acadou os conhecimentos e experiências necessários para conta-lo.

Charo López Sánchez (grupo B)

Anuncios

enero 9, 2008 at 9:16 pm

Comentarios sobre la sociedad del espectáculo, Gay Debord

dibujo-defi.jpg  

A análise da sociedade que fai Debord (fundador da Internacional Situacionista no 1957 e autor no 1967 de La Sociedad del Espectáculo) rompe os esquemas do sistema actual cumha crítica radical que nom deixa títere com cabeça. Considerando a criaçom dumha “pseudorealidade” espectacular que anula os auténticos acontecimentos. Para isto os meios de comunicaçom convirtem-se num dos eixos principais, como cúmplices “nengúm dos discursos que se exhibem no espectáculo deixam lugar a resposta. Jamais houbo censura mais perfeita” A comunicaçom accedeu finalmente à pureza unilateral.A passividade geralizada da sociedade actual viria daquela, da sensaçom de impotência ante o pensamento único transmitido subliminalmente polos mass media. Ademais, o carácter fugaz e o uso circular da informaçom fai perder a perspectiva histórica. Nom é real tampouco, portanto, a democracia na que se diz que vivemos “esta democracia (…) fabrica ela própria o seu inconcevível inimigo, o terrorismo. Em efeito, prefire ser julgada polos seus inimigos mais que polos seus resultados”.

Charo López Sánchez (grupo B)                                      

enero 9, 2008 at 8:42 pm Deja un comentario

Raval. Del amor a los niños

Cunha linguaxe directa e dura, Arcadi Espada relátanos un dos casos de pederastia máis importantes acontecido no Raval (Barcelona) en 1997. A través deste libro o autor pretende facernos ver un lado nada prestixioso para o xornalismo dos nosos días. Un xornalismo que carece da vitalidade e do ímpeto de todos aqueles que de mozos comezan nesta profesión. Pactos entre reporteiros e autoridades do estado para que en noticias tan delicadas e transcendentais como esta ninguén saia prexudicado. Tamén é visible a manipulación da información para que unha nova sexa máis apetecible ante os ollos do lector aínda que isto implique o falseamento da verdade. Un labirinto de nomes, lugares e situacións que fan que te perdas unha e outra vez ata que non entras na mecánica do libro e por fin consegues atopar a ansiada saída, esa que te conduce ata unha realidade abraiante que, en máis dunha ocasión, che obriga apartar os ollos do libro e respirar profundamente para poder continuar. Unha crónica que relata unha dura historia a través dunha linguaxe fría que nos arrepía os pelos en máis dunha ocasión. Raval é un libro que para todos aqueles que queremos sumerxirnos nesta profesión nos fai meditar sobre a situación do xornalismo. Unha reflexión sobre a credibilidade que pode ter un xornal, a radio ou a televisión. Se realmente nos podemos fiar daquilo que nos están contando, ou si simplemente é unha forma de vender unha realidade máis suculenta.  Arcadi Espada fai unha brillante investigación sobre unha historia de pederastia que plasma neste libro onde finalmente o verdadeiramente sorprendente é a cantidade de erros cometidos polas autoridades policiais, xudiciais, administrativas e polo xornalismo que fixeron que persoas inocentes tivesen que pasar por situacións de verdadeiro pesadelo.  Eugenia Castro Barros

enero 9, 2008 at 10:41 am Deja un comentario


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo