La tiranía de la comunicación, de Ignacio Ramonet

enero 7, 2008 at 8:47 pm Deja un comentario

    La tiranía de la comunicación é un percorrido polo papel dos medios na historia recente da comunicación a nivel mundial. Ramonet apunta nel varios dos temas que máis preocupan aos expertos da teoría da comunicación, tratándoo desde o punto de vista social, político e cultural.

    Ignacio Ramonet, actual director de Le Monde Diplomatique, preséntanos uns medios de masas (media) que, conforme pasa o tempo, camiñan cara á desinformación, a espectacularización, o sensacionalismo… é dicir, cara a o máis parecido á ficción. O motivo desta evolución atópase nos intereses dos gobernos e os grandes grupos de comunicación que na última década veñen a inundar o espectro de medios pertencentes a Europa, os EUA e a rexión Asia con Xapón, rexións punteiras do sector en termos cuantitativos.

    A falta de credibilidade é algo que está en boca de toda a sociedade ao falar dos media. A veracidade dos feitos narrados neles, despois dos numerosos escándalos destapados arredor do falseamento da realidade, está continuamente baixo sospeita incluso no caso de cabeceiras ou cadeas consideradas “serias”.


Cómpre destacar a visión máis que pesimista coa que o autor explica os pormenores do complexo sistema de funcionamento da información na actualidade. Atrévese a describir o momento actual como unha crise finisecular “que ninguén acerta a atoparlle solución”. No libro aparecen reflectidas algunhas das claves desta crise, que alcanza, en principio, o campo da cultura e a información.

    Sen dúbida a boa acollida de La tiranía de la comunicación por parte do público fala da capacidade de Ignacio Ramonet de desentrañar a situación que atravesa o xornalismo en particular. Cada un dos temas abordados trátase constantemente nas aulas das universidades e en artigos de expertos do sector. Deste xeito, pódese considerar como un manual para o estudo do papel dos medios na sociedade.

 

David Canto Veiga

Anuncios

Entry filed under: General.

Aquí Bagdad, Crónica de una guerra. Olga Rodríguez “Por quién doblan las campanas”

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: