Reportero de guerra. La historia secreta de los corresponsales, de Alfonso Rojo

enero 6, 2008 at 12:30 am Deja un comentario

Por Ana Abad de Larriva

Os vellos corresponsais de guerra son como as grandes glorias do rock; nunca morren, só esvaecen, mesturados nunha calima de nostalxia e adicións varias. Seméllanse tamén aos detectives, no senso en que procuran información, e aos grupies; sempre detrás do conflito. A historia das civilizacións é o vestidor dos paralelismos. O “reporteiro de guerra” de Alfonso Rojo, un dos destacados do panorama español, fai tamén unha relación entre elementos característicos do seu periplo vital e profesional, con acontecementos da crónica do periodismo. Os seus comezos no, agora metamorfoseado no Mundo, Diario 16 e a súa relación con Pedro J. Ramírez poden trazar unha liña comparativa ata W. Howard Russell e o seu paso pola guerra de Crimea.

Tal vez sexa esaxerado de máis aseverar que as mellores crónicas de hoxe son o envoltorio do peixe de mañá, seica só servirán para limpar os cristais embazados do reporteirismo futuro. Pero libros como este serven para que quede constancia da entrega á que o periodista debería aspirar. Rojo di que o xornalismo non é un arte. Discrepo. É a habelencia de reflectir a realidade e, se se fai ben, isto non ten prezo. O euro que custa o xornal. O prezo desta xoia literaria, firmada polo propio autor, nun mercadiño de rúa. A entrada do leonés no gremio foi casual. Pérez Reverte tamén se fixo corresponsal para viaxar e coñecer o que lía. O reporteirismo de guerra é o pontigo dos amantes da vida, e non, como unha ollada fuxidía podería facernos pensar, da morte. Adquírese coa experiencia, coas abarreladas do caletre (“ás veces sospeito que sería máis útil que ensinasen aos mozos a escribiren notas de gastos en vez de editoriais”, di Rojo) e cos testemuños dos ben chamados action junkies (coido que Rojo é, en certo modo, un). El recoñece non ter unha ideoloxía moi definida, só pretende “contar o que ve e do xeito máis próximo ao lector”. En Reportero de guerra. La historia secreta de los corresponsales, conségueo.

A etapa que pasou Alfonso Rojo en Nicaragua con Susan Meiselas deu lugar a noticias bastante importantes nos medios da época, sobre todo a portada do martes 17 de abril de 1979 no País, cando o periodista se converteu en noticia. Os seus consellos sobre os métodos para gardar os carretes e mandalos ao periódico, tamén son dignos de arquivo mental. Con nomes como: Stephen Crane, Luigi Barzini, Jack London, John Steinbeck, Charles Gardner, Julio Fuentes, Miguel de la Quadra Salcedo, Manu Leguineche, Vicente Romero, Arturo Pérez Reverte, Leo Gabriel, Susan Meiselas, Januarius Aloysius Mac Gahan, Gutman e Burns, Reuter, W. Howard Russell; e conflitos como a guerra das Galias, a guerra de Crimea, a guerra de Secesión americana, a guerra dos Balcáns, a revolta sandinista en Nicaragua, a guerra do Golfo, a Segunda Guerra Mundial…, este libro fai unha apaixonante viaxe pola historia do reporteirismo de guerra, mesturándoo coa interesante experiencia dun corresponsal sublime.

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

El Corazón de las Tinieblas. Joseph Conrad MÚSICA PARA CAMALEONES de Truman Capote

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: