PALESTINA, EN LA FRANJA DE GAZA de Joe Sacco

enero 6, 2008 at 10:51 pm Deja un comentario

Para ser franca, decanteime por PALESTINA, EN LA FRANJA DE GAZA porque non quería prolongar durante máis tempo a miña estadía no edén da perniciosa ignorancia.
Sorprendinme a min mesma vendo noticias sumamente escuetas e carentes de contextualización que non lograron suplir en absoluto o meu déficit acerca do conflito palestino-israelí. É abondo curioso que a confusión impere acerca dun tema que move ríos de tinta cada día. A explicación transpórtame irremediablemente a unha frase ad hoc do xornalista Bru Rovira:“el periodismo ha dejado de informar”

Joe Sacco é xornalista de profesión. A súa paixón polos cómics levouno a combinar ambos mundos. O resultado é este libro, no cal atopamos unha extensa reportaxe contada a través da narración propia do medio historietístico. Non é un simple intento de desmarcarse ou de facer un traballo notorio. Nun mundo onde impera a idea de que un palestino é un tipo que tira pedras, é a aventura de descobrir a verdade.

Durante os dous meses que Sacco permanece en Palestina recolle testemuños e pranto de dor desmedida. Historias que ilustran a vida dun pobo que se reboza en sufrimento. En Jan Yunés, unha muller cóntalle que os soldados mataron a dous dos seus fillos. Ó primeiro dispáranlle na porta da súa casa. Morre 48 horas despois por non recibir atención médica. Ao segundo mátano dous días despois no colexio. Cinco balas: na frente, no colo, no brazo, no corazón e na meixela, e “seguía con vida”. 24 horas despois morre por falta de atención médica. Un cuarto de hora para soterrar os cadáveres é o tan só o derradeiro grao dunha gran montaña de aberracións.

PALESTINA, EN LA FRANJA DE GAZA é a historia dun pobo encadeado a un destino que se adiviña tan escuro como incerto. Joe Sacco consegue que nos embarquemos nunha lectura que desgarra as entrañas e propicia unha reflexión poliédrica. Todo elo suavizado co indiscutible humor de Sacco e o recendo a hospitalidade do omnipresente té con azucre.

Karina Rivero Conde

Anuncios

Entry filed under: General.

MÚSICA PARA CAMALEONES de Truman Capote Aquí Bagdad, Crónica de una guerra. Olga Rodríguez

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: