Mujer en guerra. Maruja Torres

enero 2, 2008 at 2:53 pm Deja un comentario

Mujer en Guerra é o intento narrativo de Maruja Torres por espir a súa figura de “xornalista para todo” desenvolta ó longo da súa vida. María Dolores(penitencia que acarrexa dende o bautismo)amosa ó lector, nun falido alarde de submisión encuberto na súa característica prepotencia, como é o exercicio da profesión xornalística artellada no camiño da experiencia.

A elaboración dunha reportaxe para El País acerca de como se veranea nun estado en guerra, levouna  no ano 1987 a Beirut e a partires de aí establecería unha delirante relación coa capital libanesa que lle incitaría a voltar once anos máis tarde.

Define Maruja o seu libro como case unha autobiografía da súa vida, eu prefiro reseñalo,  como unha intensa relación de amantes; e sen ser a miña intención apelar ó “malpensar” do lector, aclaro que lonxe de referirme á extensa colección de amancebados forasteiros (ou xornalistas de diarios patrios) que soslaiaron o seu leito entre botellas de Cardhu,  dry Martinys y Jonnie Walker, ó que fago alusión é ás febrís e apaisoadas viaxes ó extranxeiro que teñen especial cabida no seu corazón: dende a Suráfrica do apartheid ós campos de concentración para palestinos que os israelís mantiñan nos territorios ocupados. O Chile de Pinochet, a República Dominicana de Balaguer ou as confrontacións relixiosas na India.

Sendo fiel á utilización da pluma para incrementar o seu ego e cun estilo pretendidamente gracioso e directo Maruja Torres  fai un retrato da súa traxectoria profesional cunha mirada particular e certera.

Marta Casal Domínguez.

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Cabeza de Turco El héroe inexistente, Ramón Lobo.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: