El héroe inexistente, Ramón Lobo.

enero 2, 2008 at 4:22 pm Deja un comentario

El héroe inexistente. Los viajes de un corresponsal de guerra a las tinieblas de fin de siglo ven sendo como un diario da traxectoria profesional de Ramón Lobo e das experiencias que ten vivido exercendo de corresponsal de guerra. O libro está dividido en 3 bloques diferenciados: a primeira parte fálanos da guerra nos Balcáns, desde Bosnia-Herzegovina ata Kosovo e Albania; un segundo bloque achéganos información sobre os conflitos en Chechenia, Iraq e Haití; e o último apartado céntrase nas guerras africanas de Ruanda, Zaire, Congo, Guinea Ecuatorial e Serra Leona. En cada un destes apartados o autor nárranos feitos e sensacións dos afectados pola guerra e tamén dos propios criminais que as promoven. Ensínanos ó mesmo tempo como sobrevive un corresponsal de guerra, como se busca a vida en países que non coñece, con outras lenguas, outras costumes… O autor mezcla intencionadamente os recordos que garda na súa memoria sobre o que ocorreu neses conflitos coas crónicas que el mesmo escribira para o periódico El País. Ramón Lobo preséntase como un simple xornalista, sen máis poder que aquel que se lle concede para contar o que ve e escoita. Intéresanlle máis as historias da xente que participa nelas que os conflitos en sí mesmos. Déixanos a testemuña do exercicio dun xornalismo humilde e responsable, desmitificador da aventura, de ningunha heroicidade e sometido a intereses que desde logo o xornalista non controla. Aí o ben pensado título, que na súa brevidade expón a tese desta obra: o héroe inexistente, o como entender a profesión dos reporteiros de guerra sen considerar heroe a ningún deles. Ademais, móstranos con crudeza e realismo algúns dos problemas que se lle presentan ós corresponsais: as innumerables limitacións ós que sempre están sometidos, impostas polo poder das grandes axencias internacionais de noticias, que funcionan como unha “zarpa” contra os corresponsais doutras axencias, as limitacións que o propio país no que están cubrindo a información lles impoña… Por todo o que o autor expón nesta magnífica obra, debemos considerala esencial e de referencia para entender mellor os perigos ós que se enfrontan a cotío estes profesionais da información e coñecer en profundidade a corresponsalía. Reyes Riveiro 

Anuncios

Entry filed under: General.

Mujer en guerra. Maruja Torres El AÑO QUE TRAFIQUÉ CON MUJERES

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: