El AÑO QUE TRAFIQUÉ CON MUJERES

enero 2, 2008 at 8:04 pm Deja un comentario

 Antonio Salas é o pseudónimo que autor de Diario de un Skin e El año que trafiqué con mujeres emprega para realizar os seus traballos de xornalismo bonzo.

El año que trafiqué con mujeres é o relato das vivencias de un xornalista infiltrado nas redes da prostitución. Un mundo de miserias e de historias de mulleres atrapadas no inframundo da dor, a humillación, a vexación…

O autor desvélanos historias de mulleres, na súa maioría estranxeiras, procedentes dos países do Leste ou de África que foron secuestradas polos proxenetas dos seus países co fin de traelas a Europa e enriquecerse absorbendo todos os ingresos das súas compatriotas. Os sonos que divagan na imaxinación destas mulleres de acadar unha vida digna para elas e a súa familia fainas caer inconscientemente nas redes de tráfico de mulleres, crendo que exercendo a prostitución durante uns tres meses xa sería suficiente para saír adiante e adicarse posteriormente a outros oficios. Están dispostas a ser humilladas para sacar adiante as súas vidas; pero o que non sabes é que a súa pobre inocencia vai ser violada polos seus “salvadores” traficantes cando se atopen totalmente obrigadas a saldar deudas de ata 50.000 euros, con ameazas de morte para as súas familias de non pagar ou no intento de fuga.

É a historia de miles de historias, cada unha destas mulleres esconde unha ficha biográfica atroz; obrigadas a facer todo tipo de servicios nas rúas, co temor de saber se seguirán vivas cliente tras cliente.

Antonio Salas tamén abarca o mundo da prostitución de luxo, mulleres físicamente espectaculares que levan na maioría dos casos, unha dobre vida. Creando unha dependencia que non poden deixar, xa que a diferencia das prostitutas traficadas, estas exércena voluntariamente, porque lles proporciona un alto nivel de vida sendo o obxecto de desexo de importantes empresarios, deportistas ou políticos.

Hai que recalcar que non menos sorprendente é a labor de Antonio Salas, non só polos importantes traballos de investigación que levou a cabo, senón tamén por ese control psicolóxico que o levou a controlar as perigosas situacións, e o máis importante, a non perder a súa propia identidade.

 

María Fernández Fernández

 

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe.

El AÑO QUE TRAFIQUÉ CON MUJERES Mágico es el realismo

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: