Viaxe pola memoria

diciembre 31, 2007 at 3:35 pm

Julio Llamazares, xornalista, literato e escritor preséntanos nesta obra unha escolma de crónicas de viaxe nas que plasma as seis xornadas que lle levou percorrer (a pé) todo o curso do río Curueño, en León.

Narrado en terceira persoa, con ese distanciamento que nos permite en certo modo converternos no propio “viaxeiro”, Llamazares relátanos de forma breve e amena cada unha das vivencias e paisaxes do seu decorrer polas terras leonesas.

A súa escritura, áxil e sinxela, denota certos trazos de ironía picaresca e carga literaria. Lonxe de ser meras pezas xornalísticas, as súas numerosas crónicas tínguense da creatividade e linguaxe propias da literatura e, mediante as súas minuciosas descricións, tanto da paisaxe coma do ambiente, a obra convértese nunha porta cara a imaxinación.

En certo modo, El río del olvido cobra vida a medida que un comeza a lela, non só pola sinxeleza e expresividade que denota, senón porque, malia que recolle de xeito case que autobiográfico o pasado e memorias do autor (e das distintas personaxes coas que se cruza no seu camiño), moitos dos seus recordos, serven de reminiscencia para o lector, quen é quen de rememorar os seus veráns na aldea, o cheiro da herba e o calor na caluga aos que fai referencia Llamazares nas súas pasaxes.

Xunto a todo isto, e para darlle máis vida a lectura, cada unha das súas obras recolle non só os pasos do escritor, senón que ademais inclúe os mitos e lendas de cada vila e as entrañables e pintorescas persoas que lle proporcionan acubillo, comida ou simplemente compaña e conversación.

El río del olvido, lonxe de ser unha simple guía para o viaxeiro, convértese nun diario cuxa escolma de relatos invitan a pasear polos recunchos máis remotos da memoria.

Ildara Enríquez García

 

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

LA CHANCA (Juan Goytisolo) Una temporada de machetes


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: