Una temporada de machetes

diciembre 31, 2007 at 5:21 pm Deja un comentario

 

sugenocidioruanda.jpg Como mataba con mucha frecuencia, empezaba a notar que no me hacía ningún efecto. Ya no me daba gusto, sabía que no me iban a castigar, mataba sin consecuencias, me adaptaba sin problemas. Me iba por la mañana sin sentirme molesto, tenía prisa por ponerme en camino, veía que el trabajo y el resultado eran beneficios para mí, y nada más.

O párrafo anterior é unha das moitas declaracións que aparecen en Una temporada de machetes, unha crónica de Jean Hatzfeld sobre a matanza de tutsis en Ruanda a mans dos seus veciños, coñecidos e amigos, os hutus. O libro é o resultado das moitas entrevistas que Hatzfeld realizou cun grupo de hutus nunha cárcere cerca a Nyamata, xermolo do xenocidio.

En Una temporada de machetes cédeselle a voz aos protagonistas, neste caso aos asasinos. Está estruturado en capítulos que se van alternando. Uns están dedicados aos testemuños dos que participaron na matanza coma verdugos, e outros á información e descricións que o autor considera necesarias. Esta maneira de compoñer dota á crónica de obxectividade, pois Hatzfeld dálle aos asasinos un espazo para explicarse sen que el interveña. Isto provoca que o lector se sinta no papel do entrevistador recibindo a información sen necesidade de intermediarios.

Jean Hatzfeld fai unha comparación desta matanza co holocausto nazi, facendo fincapé no agrarismo que caracteriza o xenocidio de Ruanda. No caso tutsi non foron necesarios instrumentos complexos como a cámara de gas ou os crematorios. Usouse o machete.

Hatzfeld realizou esta crónica como continuación a Dan le nu de la vie. Récits des marais rwandais, onde eran os superviventes tutsis os que ofrecían os seus testemuños sobre a matanza. Resulta acertado coñecer as dúas versións sobre o feito, é unha maneira de dicir aos lectores: Aí tendes a información e as impresións que se recolleron sobre o dito feito, agora opinade vós.

                                                           Rocío Balsa Lourido

Anuncios

Entry filed under: General.

Viaxe pola memoria “Artigos en La Nación” – Eduardo Blanco Amor

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: