IN COLD BLOOD by Truman Capote

diciembre 31, 2007 at 6:42 pm

capote1.jpg

“Nesta comunidade hai moitos resentimentos. Escoitei dicir incluso e en máis dunha ocasión, que cando se encontre ó asasino colgaráselle da árbore máis próxima. Non permitamos que eses sexan os nosos sentimentos. O dano xa está feito e acabar con outra vida en nada poderá cambialo”.  Esta carta que Capote recolleu do ‘Telegram’ escribiuna o irmán de Bonnie Clutter, a señora da familia asesinada en Holcomb.

Nela móstrase o desexo dunha sociedade conmocionada polo ocorrido. Unha sociedade que avogaba pola pena capital sen escoitar a moralidade ningunha e sen darse conta de que a morte doutros non ía revivir a familia dos Clutter. Isto foi o que máis espertou a curiosidade e o interese de Truman, os efectos que provocaba na vila e no pobo o acontecemento de 1959.

Esta obra ocupou 6 anos da vida do xornalista, anos nos que a súa vida deu un gran xiro. Segundo palabras do autor “escribir o libro non me resultou tan difícil como ter que vivir con el”. Durante estes anos, Truman investigou cun estilo que el mesmo denominou “de ver e oír”. Entrevistou e estudou a policías, veciños e amigos íntimos da familia. Chegou tamén a coñecer moi de preto ós culpables do crime. Aquí é de destacar a naturalidade e sinxeleza coa que trata ós asasinos. Faino dun xeito tal, que os lectores chegan a familiarizarse e ata a sentir empatía cos mesmos. Esta novela é a imaxe do xornalismo de investigación, e o seu autor foi un dos primeiros creadores dun novo xénero literario: a novela real ou de non ficción.  

Déixovos o trailer do filme que se fixo en 2005 porque penso que se adaptou ben ó argumento do libro e ademais plasma a relación do xornalista cos presos dun xeito que de seguro vos fará reflexionar sobre a profesión. Na foto que poño arriba tento mostrarvos as caras de Truman Capote e Marilyn Monroe xuntas para que lembredes a entrevista que lemos na clase.

                                             

Verónica Sanmarco Janeiro

Anuncios

Entry filed under: General, Reportaxe.

“Artigos en La Nación” – Eduardo Blanco Amor Escritos de un viejo indecente (C. Bukowski)


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: