“Artigos en La Nación” – Eduardo Blanco Amor

diciembre 31, 2007 at 5:26 pm Deja un comentario

Cando entramos en Xornalismo todos nós tíñamos en mente unha idea, un plan de futuro co que poder disfrutar esta profesión, ben sexa na radio, nalgún xornal, na televisión,… Pois ben, Artigos en La Nación, do ourensán Eduardo Blanco Amor, é para todos aqueles que soñan cunha vida trepidante dentro da profesión xornalística, para aqueles que van na procura dunha noticia sexa onde sexa, que viaxan en busca dun tema para a súa columna.

É o caso da escolma de textos deste xornalista e escritor galego que viviu a súa madurez profesional en Buenos Aires, e que traballou para o diario bonaerense La Nación. O conxunto destes textos, que datan de entre os anos 1929 e 1936 (etapa na que colaborou con dito xornal), está dividido en tres bloques segundo a temática. Así atopamos en primeiro lugar as crónicas políticas, nas que Blanco Amor leva a cabo unha forte defensa da loita autonomista en Galicia; en segundo lugar, as crónicas de cultura cunha importante labor de divulgación dos valores da cultura galega; e en último lugar as crónicas de viaxes, fascinantes relatos sobre as súas impresións de diferentes lugares de Galicia e España, tradicións, aspectos da vida cotiá, etc.

Na miña opinión, trátase dun libro moi interesante, é xornalismo puro. A maneira de narrar os acontecementos de Eduardo Blanco Amor, con textos moi profundos e frescos, permiten introducirnos na cultura galega do primeiro tercio do século XX e sentir como era daquela a vida dun xornalista sempre comprometido coa realidade. Se tivera que destacar algún texto, recomendaría as crónicas de viaxes nas que Blanco Amor sube a bordo do Norita para contar en primeira persoa a captura da sardiña en augas galegas. Unha escolma moi recomendada.

 

Adrián Lois Aparicio

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

Una temporada de machetes IN COLD BLOOD by Truman Capote

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: