Ryszard Kapuscinski: Un día más con vida

diciembre 30, 2007 at 3:23 pm Deja un comentario

Ryszard Kapuscinski toca neste libro un tema que poucos xornalistas tratan en profundidade, as guerras en África. Quizás sexa porque “ó mundo” non lle interesa moito o que sucede nos, moitas veces chamados, conflitos esquecidos.

Pois ben, Kapuscinski recolle neste libro, a modo de diario, a súa viaxe a Angola en 1975. O país estaba inmerso nunha guerra interna pola independencia do país e o xornalista decidiu contar a conflito dende dentro. Pero á diferencia doutros compañeiros de profesión, Kapuscinski non se limita a contar o que lle transmiten as autoridades do lugar. Ryszard gáñase a confianza dos nativos de Luanda ata que o tratan coma un máis, “Ricardo” acábanlle chamando os seus amigos do lugar. Consegue establecer contacto cos líderes dun dos movementos pola liberación e viaxa con eles polos diferentes frontes de combate por todo o país. Gracias a isto, o xornalista pódenos contar a historia con todo tipo de detalles, introducíndonos no conflito como se verdadeiramente estivéramos alí. As detalladas descricións, a perfecta forma que ten de transmitirnos o ambiente, a tensión, etc. É capaz de transportarnos ó lugar dos feitos e facernos sentir como se verdadeiramente estiveramos alí. Pero quizás unha das calidades máis importantes que Kapuscinski é capaz de mostrarnos neste relato sexa a incertidume, o misterio. En ningún momento sentimos que o narrador está a salvo, el mesmo nos fai crer en varias ocasión que non vai ser quen de saír do país, en moitas ocasión da a impresión de que xa perdeu toda a esperanza. Isto ten moito mérito, xa que todos sabemos que finalmente conseguiu escapar.

A situación que chega a vivir o xornalista dálle á narración uns tintes moi dramáticos, que a veces fainos crer que non é real, pero a verdade é que estes conflitos ocorren todos o días, o que pasa é que só uns poucos se atreven a xogarse a vida por contárnolos tal e como son.

Jorge Lema Pombo

Anuncios

Entry filed under: Crónica, Reportaxe, Reseña.

Noticia de un secuestro, Gabriel García Márquez O último bohemio

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: