O último bohemio

diciembre 30, 2007 at 7:57 pm

Joe Gould, “último bohemio”Din algúns que ser bohemio e xornalista non é moi diferente. Se sempre tiven claro o de chegar a ser xornalista despois de ler este libro sigo na carreira. Quero ser bohemio.  Joe Gould (á esquerda) foi o “último bohemio” de Nova York e Joseph Mitchell o xornalista que o deu a coñecer.

El secreto de Joe Gould recolle as dúas crónicas que o xornalista neoiorquino publicou na revista The New Yorker sobre este personaxe de Manhattan, un escritor formado na universidade de Harvard que no 1916 deuse á mendicidade e dedicouse a escribir a que, segundo el aseguraba, sería a obra máis extensa xamais publicada, Historia oral de nuestro tiempo.

Nestas dúas crónicas, o que o seu autor chamaba “perfiles”, amósase o retrato literario dun home engulido pola súa obra. Entre a publicación da primeira (1942) e da segunda (1964) hai vintedous anos de diferenza, o que se enxerga claramenteJoseph Mitchell no estilo coa que Joseph Mitchell (á dereita) as escribe. Un estilo precursor do “novo xornalismo” que se entendería como tal coa publicación de A sangre fría no 1966. A primeira das crónicas, “El profesor gaviota”, lembra a unha novela narrada en 3º persoa na que o narrador describe ó personaxe, o que ve, sen ir máis alá. En cambio, na segunda delas, “El secreto de Joe Gould”, o escritor actúa case como un narrador omnisciente que chega a describir psicoloxicamente ó protagonista. Joseph Mitchell (que era denominado polo New York Times “Cronista do insólito e do orixinal”) fai nas súas crónicas unha descrición moi entrañable e honesta do “último bohemio”. Unhas crónicas “híbridas” nas que se chegan a confundir tódolos xéneros xornalísticos.

Ricardo Saavedra Seoane

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

Ryszard Kapuscinski: Un día más con vida El héroe inexistente, los viajes de un corresponsal de guerra al corazón de las tinieblas del fin de siglo, Ramón Lobo


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: