El periodismo canalla y otros artículos

diciembre 29, 2007 at 12:55 pm Deja un comentario

                                                         tom_wolfe_21.jpg

El periodismo canalla y otros artículos é un grande exemplo do “new journalism”, máis que mestura, relación simbiótica de literatura e xornalismo. Para Tom Wolf é imposible facer xornalismo sen vivir na realidade, sen entendela nin debullala. Só así se acada unha óptima comprensión da realidade, fuxindo do “vicio” xornalístico do distanciamento ao que chaman obxectividade, que dalgún xeito pretende ou se deixa arredar do verdadeiramente real. Porén, o novo xornalismo busca dar unha dimensión estética aos seus textos, para ser lidos coma relatos, pero conservando as mesmas esixencias de precisión, verificación, obxectividade e investigación do bo xornalismo; aspira a unha nova redacción que combine o mellor da literatura, a beleza formal, co mellor do xornalismo, a investigación.

O autor mostra unha profunda radiografía da sociedade estadounidense, coas súas debilidades e grandezas, poderes e dependencias. Cambios que afectan dende a clase traballadora até os “amos do universo”, xuventude, vellos, políticos, artistas…Wolf é un inesgotable investigador e recadador de detalles, cun estilo que fusiona o rigor e a profunda investigación propia do xornalismo coa dureza da literatura realista; cunha prosa fluída, profundamente irónica e desapiadada, rica en matices, de gran contido pero á vez de lectura lixeira e sinxela, cunha linguaxe accesible pero de gran carga informativa, todo apoiado nunha exhaustiva recadación de fontes e contidos.

Abofé que recomendo a súa lectura.

Moisés B. Martínez Carreiro

Entry filed under: Reseña.

Ponche de ácido lisérgico. Tom Wolfe Ponche de ácido lisérgico. Tom Wolfe.


diciembre 2007
L M X J V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo