Günter Wallraf “El periodista indeseable”

diciembre 28, 2007 at 2:49 pm Deja un comentario

 Con esta obra, e en xeral co resto das súas publicacións, G. Wallraf rematou por se converter nalguén perigoso para certos sectores da sociedade xermana da época (anos 60 e 70). Gran expoñente do xornalismo bonzo, conseguiu con gran habilidade infiltrarse nos máis variados lugares e organizacións  para destapa-lo que ocultaban, o seu lado escuro. Dende traballador nunha fábrica de producción en cadea ate xornalista no Bild pasando por delator da policía, Wallraf consegue facer unha radiografía do lado oculto da sociedade xermana da época, en plena guerra fría e marcada pola dominante  paranoia comunista coma a gran ameaza.Denuncia entre outros  a alienación e a explotación do obreiro (especialmente se se trata dun emigrante), a manipulación informativa e partidista do diario sensacionalista Bild, un dos de mayor tirada en Alemaña; a guerra sucia contra os movementos esquerdistas, ben sexa mediante a delación ou as detencións arbitrarias ou mediante a formación de batallóns por parte dos patróns para mante-la orden as fábricas,… E todo isto afrontando o perigo que conleva sacar á luz verdades tan incómodas. Identidades falsas, perrucas,… todo vale para chegar ao fondo da cuestión, cuestións ademais máis serias e comprometidas cas que tratan os actuais xornalistas de investigación, falsos herdeiros de Wallraf e do xornalismo bonzo, que traizoan esa funcion de denuncia do xornalismo tratando temas xeralmente máis banais, dentro desta nova forma de facer xornalismo que se leva agora. Por iso cómpre manter viva esa chama que Wallraf deixou acesa, esa forma concienciada de facer xornalismo, sobre todo vendo o xornalismo que se fai actualmente en moitos medios. Por iso, hoxe en día, o xornalista máis puro non sería  outro ca o Wallraf infiltrado no Bild, ese que en certo xeito non deixa de ser outra cousa ca unha ameaza, unha ameaza para a mantira e os mentireiros.  Manuel Rodríguez Santabaya                         2º Xornalismo grupo C

Anuncios

Entry filed under: General.

El segundo poder de Margarita Rivière Del amor y otros demonios, Gabriel García Márquez

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: