El segundo poder de Margarita Rivière

diciembre 28, 2007 at 10:43 am Deja un comentario

Según o escritor Salvador Pániker, “toda persona entrevistada acaba reducida a los límites mentales de su entrevistador”. Pode ser que as cincuenta e catro entrevistas que Margarita Rivière escribiu se identifiquen con este pensamento.

 El segundo poder é unha reflexión acerca da profesión xornalística, baixo a visión, como non podía ser doutra maneira, dos expertos. Guionistas, críticos, xornalistas, escritores, catedráticos, etc opinan sobre a actualidade e o porvir da comunicación. Unhas máis serias, outras máis amenas, cada entrevista aporta un punto de vista distinto neste ámbito.

Atopámonos con pesimistas coma Herbert I.Schiller, que se amosa crítico co mundo da información, e co que Margarita afirma ter “unha das entrevistas máis duras que recorda”, pero tamén nos achega dosis de optimismo, de amor pola profesión cuxo caso máis evidente se atopa na entrevista a Manu Leguineche da que destaca unha frase que polo menos a min cautivoume no momento en que a lin: “el periodismo es la pura excusa para aprender.”

Cuestiónase a morte do xornalismo coa chegada de Internet, a credibilidade, a información como espectáculo, e todo isto dende o punto de vista da radio, da televisión e de Internet.

Como bo libro de reflexión pódense extraer algunhas conclusións. No meu caso afirmou a idea que xa tiña da actualidade dos medios, pois aínda que estas entrevistas foron realizadas fai algúns anos, a situación dos medios xa era por aquel entonces crítica e falábase da “morte do xornalismo”. Non ían moi desencamiñados, pois coido que con acender un segundo a televisión nos daremos conta de que o xornalismo desapareceu da pantalla. O que prima é o espectáculo, que ó fin e ó cabo o determinan as masas. Parémonos logo a pensar a qué é debido. Quizais como todo poder, vai unido ó diñeiro, o que na maioría dos casos leva á corrupción.

Rivière xuntou as miserias e as grandezas da política e da comunicación, conseguindo un texto que en certa maneira predice o futuro dos medios.  

Alba Silva Rodríguez

Anuncios

Entry filed under: Entrevista, Reseña.

Aquí Bagdad. Crónica de una guerra.Olga Rodríguez Günter Wallraf “El periodista indeseable”

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: