Del amor y otros demonios, Gabriel García Márquez

diciembre 28, 2007 at 6:19 pm Deja un comentario

García Márquez comeza o relato a raíz do acontecemento que ten que cubrir como reporteiro. O 26 de outubro de 1949 visita o convento de Santa Clara, que ía ser derrubado e no que se procedía durante esa xornada á exhumación dos corpos alí soterrados. Durante a apertura dos nichos descúbrense os restos dunha rapaza, a marquesa criolla Sierva María de Todos los Ángeles, e a súa longa cabeleira.

A historia e a imaxinación conforman un mundo literario, denso e significativo. Márquez aproveita o acontecemento daquela mañá para dar forma á lenda, que lle contaba a súa avoa, dunha rapaza do lugar que fora mordida por un can rabioso.

O máis impactante do relato e a veracidade do ton do autor que aporta un realismo extraordinario pero tamén a forma na que fía a narración. Centrándose nos padecementos que a nena sofre dende que é mordida polo animal e tocando outros aspectos da novela como a intervención e características do Santo Oficio e a Igrexa no asunto dos exorcismos, a vida familiar da nena, o seu trato coa servidume negra, a situación matrimonial dos pais desta, etc. García Márquez espía cada un dos recunchos da vida da pequena marquesa e aportar maior precisión a historia.

Citar doutra banda a parte marabillosa ou misteriosa do relato que se mestura dun xeito perfecto co máis veraz para articular capítulos tan sorprendentes e atraíntes como os ataques de nena (enferma ou endemoniada) ao obispo, a cabeleira que seguiu medrando despois de morta,…

As múltiples referencias de lugares, persoas ilustres, o mesmo tempo forman parte dun mundo real e conlevan un traballo de investigación previo que o autor realiza. García Márquez sitúanos en contexto en calquera momento do relato. É certo que hai partes máxicas pero tamén hai outras, nas que emprega ao xornalista que é, na propia novela, como unha forma de enriquecela, de fundamentala, para dar lugar despois a eses acontecementos extraordinarios.

Ana María Moledo Pouso

Anuncios

Entry filed under: General.

Günter Wallraf “El periodista indeseable” Ponche de ácido lisérgico. Tom Wolfe

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: